AG25: as charlas

Para todos os públicos e sen necesidade de inscrición previa. O nivel será de divulgación, o que nos permitirá coñecer de primeira man as novidades na astronomía e as ciencias do espazo con persoas que se adican profesionalmente a iso.

A Misión Gaia e a súa riqueza en logros galácticos

A misión Gaia da ESA, lanzada en 2013 e en operación ata a súa pasivación en 2025, produciu o estudo astrométrico máis preciso e extenso dispoñible ata a data, proporcionando posicións, paralaxes, movementos propios, fotometría multibanda e espectroscopía para case dous mil millóns de fontes galácticas e extragalácticas. Con precisións de paralaxe que acadan unhas poucas decenas de microsegundos de arco para estrelas brillantes, e datos espectroscópicos homoxéneos BP/RP e RVS (nas bandas azul, vermella, e en velocidade radial), Gaia transformou os estudos de evolución estelar, a estrutura galáctica, os cúmulos estelares, as poboacións binarias e a escala de distancia cósmica. As anteriores emisións de datos públicos culminaron no chamado catálogo DR3 (do inglés, Data Release, 2022), que proporcionou máis e mellores parámetros astrofísicos, a caracterización da variabilidade de fontes e grandes mostras espectroscópicas. O próximo DR4 (previsto para 2026) e o DR5 final para toda a misión (~2030), refinarán a precisión astrométrica, ampliarán a fotometría e a espectroscopía de época e proporcionarán o catálogo definitivo de Gaia. Xuntas, estas publicacións de datos garanten o legado de Gaia a longo prazo coma un conxunto de información e datos fundamental para a astrofísica moderna, a arqueoloxía galáctica e a cosmoloxía.

Relatora: Ana Ulla Miguel

Estrelas masivas: titáns, químicas e escultoras da Galaxia

Relator: Ricardo Rizzo

Procurando a materia escura co telescopio espacial Euclid

Euclid é unha misión da Axencia Espacial Europea para estudar cosmoloxía e as compoñentes escuras do Universo. Despegou con éxito o 1 de xullo de 2023. Está a cartografar un terzo do ceo para medir a estrutura do Universo. Aínda que a misión está deseñada para estudos cosmolóxicos, a calidade dos datos vai permitir moitos outros estudos. Este ano de 2025 fíxose a primeira entrega pública de datos.

Falaremos dos obxectivos da misión e a última hora, cos primeiros resultados que se extraen dos primeiros datos.
En esta charla resumiremos los objeticos de la misión y los resultados d elso primeros datos.

Relator: Francisco J. Castender

Empregando telescopios virtuais e programa CESAR

Relatores: J. A. Vaquerizo e Ricardo Rizzo

Megaconstelacións, para que?

Relator: Salvador Bará Viñas