Para persoas que xa teñan nocións básicas sobre astronomía ou que queiran organizar actividades didácticas para outras persoas. Imparten Marcos Merinero, Juan Antonio Vaquerizo mailo Ricardo Rizzo.
Observación segura do Sol
Á vista da eclipse total de Sol do 12 de agosto de 2026 (e dos que teremos nos anos 2027 e 2028) saber como facer unha observación segura do fenómeno é imprescindible. Aprenderemos todo o necesario para facer as nosas propias cámaras escuras para ollar ao Sol con completa seguridade. E por catro patacos.
Materiais para os asistentes: unha caixa de cartón (de zapatos é ideal) se queres levar a túa propia cámara escura e, se tes portátil, xenial para o de exploración espacial.
Caza de micrometeoritos
Cada vez que vemos un meteoro (ou estrela fugaz), observamos como se desfai ao contactar coa nosa atmosfera, volatizándose e creando eses fermosos ronseis. Pero, a onde vai todo ese material do espazo?
Con este obradoiro aprenderemos a capturar micrometeoritos extraterrestres que observaremos ao microscopio.
Exploración espacial remota: desde a Terra e máis aló
Propósito: Unir ciencias do espazo, observación da Terra e astrobiología mediante o fío condutor das sinaturas detectables (espectrais, químicas e xeolóxicas) en datos de satélites e misións planetarias, con actividades interactivas de divulgación orientadas a público xeral e docentes.
A astrobioloxía é intrinsecamente interdisciplinar (astronomía, bioloxía, xeoloxía, química, historia e filosofía da ciencia) e aborda a vida, a súa orixe, a evolución na Terra e a procura de vida no universo.
Do “pixel” ao “punto azul pálido”. Como unha sinatura espectral actúa como pegada dixital de materiais, atmosferas e ecosistemas, tanto na Terra como noutros mundos.
As sinaturas espectrais permiten identificar materiais pola súa interacción coa radiación; son análogas a unha pegada dixital e úsanse para recoñecer obxectos en imaxes da Terra e do ceo.
Observación da Terra con Copernicus/Sentinel e NASA
– Mini clase: Sensores multiespectrales, bandas, resolucións e exemplos de usos (vexetación, augas, chans, cidades)
Lectura e comparación de índices simples (p. ex., NDVI conceptual) e visualización de bandas en escenas de Sentinel (sen necesidade de software complexo na sesión).
Misións de exploración espacial e detección remota planetaria .
– Panorama de misións: Exemplos de misións recentes e o seu obxectivo científico (heliosfera, atmosferas, superficies, xeos) para ilustrar como medimos e por que.
– Firma fóra da Terra: Espectros moleculares e minerais (p. ex., xeo, sales, silicatos, metano), e como unha misión obtén estas “pegadas” con instrumentos específicos.
Conceptos clave: Habitabilidade, enerxía, solventes, contornas extremas, biofirmas (gases, pigmentos, estruturas).
A astrobiología busca definir a vida, determinar a súa orixe, localizar as súas pegadas máis antigas e comprender a súa evolución na Terra, estendendo a procura ao universo