Os datos de Euclid
Neste seminario empregaremos as simulacións que desenvolvemos para facer algún estudo. Por exemplo:
- a función de luminosidade
- relacións entre parámetros como masa estelar contra formación estelar
- calcular a masa estelar contra formación estelar
- calcular a masa dun cúmulo a partires dos datos de lentes gravitacionais
- acceder aos datos públicos de Euclid
Imparte o Francisco J. Castender.
Astrofotografía avanzada

- Estratexia de captura con filtros en cámara a cor
- Extracción de bandas de emisión en OSC e filtros duais con DBXtract
- Obradoiro práctico de procesado paleta SHO en Pixinsight para cámara a cor
Este seminario vai estar impartido por Raúl Hussein, investigador en Intelixencia Artificial para un centro tecnolóxico especializado nas TIC. Astrofotógrafo afeccionado e e divulgador na canle de Youtube Astrocitas e un servidor de Discord, especializados en aspectos técnicos, a resolución de problemas e as tertulias astronómicas con outros entusiastas. Coñecido internacionalmente por colaborar no desenvovlemento de scripts en Pixinsight e Siril para o procesado de astrofotografías.
Introducción a Python e Observatorio Virtual
O Observatorio Virtual é un “ecosistema” que permite un acceso rápido e eficiente a datos, publicacións e modelos teóricos distribuídos en todo o mundo. No seminario usaremos desenvolvementos en Python para acceder ao Observatorio Virtual, concretamente a datos de fotometría, imaxes e espectros.
Imparte o Ricardo Rizzo.
Fedellando cos datos de Gaia

O título completo do seminario é “Aprendendo a fedellar con datos de Gaia para colaboración proAM”; xa indica o propósito do mesmo. Que calquera poida colaborar en proxectos serios de investigación astronómica con datos reais.
Dende o ano 2013 do seu lanzamento, a misión espacial Gaia representou un antes e un despois na investigación astrofísica, fornecendo o maior catálogo de estrelas ata a data. Ao remate do seu traballo obtivo preto de 2000 millóns de obxectos nunha base de datos aberta. Para cada un destes obxectos astronómicos Gaia proporciona a súa posición, distancia, e movemento propio cunha precisión sen precedentes.
Estos parámetros, en conxunción con outros de carácter fotométrico (brillo, cores) e espectroscópico (temperaturas, gravidade superficial), fan que Gaia fose a misión espacial máis multidisciplinar e fructífera da Historia.
Neste seminario aprenderemos a descargar os datos de Gaia e a analizalos dende cero para resolver problemas científicos reais. Non se requiren coñecementos avanzados de programación nin astrofísica, ainda que se recomenda ter unhas bases mínimas Python.
- 1º sesión: Introdución a Gaia, descarga de datos.
- 2º sesión: Creación dun diagrama HR.
- 3º sesión: Estudo de cúmulos abertos e dinámica galáctica.
Imparten o Xabier Pérez Couto mailo Sergio Pereira Lema.