As constelacións galegas

As cousas, os conceptos, os chintófanos precisan nome de seu para seren nomeadas. Tras un traballo duns anos un grupo de amadores galegos das estrelas deu en facer unha proposta á Real Academia Galega para fixar os nomes das 88 constelacións oficiais do ceo na nosa lingua. Aquí verquemos esas denominacións aprobadas en dous bloques, segundo pertenzan ao norte celeste (e visibles desde o noso país) ou ao sur celeste (visibles desde países irmáns coma o Brasil). Nalgún caso, amósanse dúas definicións equivalentes.

Podes descargar os mapas individuais de cada unha das constelacións en formato pdf. Son as versións galegas dos mapas oficiais da Unión Astronómica Internacional ou IAU.

Grazas a Martin Pawley (Agrupación Astronómica Coruñesa Ío), Salvador Bará (profesor da área de Óptica da Universidade de Santiago de Compostela) e Dosi Veiga (editor Ceos Galegos) pola laboura.

Ceo do norte

Nome galego (abreviatura): Nome latino

Ceo do sur