AstroGalicia18 cumpre xa nove anos. Resulta un espazo de lecer e divulgación científica ao redor da astronomía. Serve tanto de punto de encontro das asociacións astronómicas galegas como para que a xente curiosa e interesada pase uns días moi agradables. Moitas das actividades están abertas a toda a poboación. Outras, as menos, só para os inscritos. Un programa de actividades paralelo aumentará a oferta de actividades e accións.
Sexa cal sexa o teu perfil hai unha actividade ao teu gusto se:
- queres comezar a iniciarte na astronomía
- es un astrónomo afeccionado
- gustas da fotografía e queres saber de astrofotografía
- fas divulgación e queres coñecer técnicas profesionais
- tes curiosidade polo mundo que che rodea
- pertences ou queres pertencer a unha asociación de astrónomos afeccionados
Se queres ampliar a información da actividade xa podes:
- consultar o programa completo para os horarios das actividades
- mirar os contidos das charlas divulgativas (todas de acceso libre)
- comprobar se hai obradoiros que che poidan interesar (necesitan inscrición)
- pequenas biografías dos relatores e docentes
- inscribirte xa, antes de que remate o prazo o 8 de outubro. Recibirás por correo electrónico instrucións para o pagamento.
- como chegar e onde durmir (incluíndo opción de balde)
O programa aínda é provisorio e poderá sufrir alteracións, especialmente os horarios que se irán adaptando as condicións meteorolóxicas.
Resumo
Lugar: Náutico de Castrelo (Castrelo de Miño – Ourense).
Datas: do 12 ao 14 de outubro de 2018.
Participantes: ata 100 inscritos no programa oficial de actividades. Varios ducias máis nas actividades abertas.
Charlas: de acceso de balde e cun nivel para todos os públicos. Os relatores están investigando en temas de completa actualidade e/ou son excelentes comunicadores.
- MeteoMarte: como se analiza a meteoroloxía marciana con tecnoloxía española.
- A misión Gaia: novos datos deste telescopio espacial europeo están a mudar a nosa comprensión da Vía Láctea e do noso lugar no universo.
- Arte e astronomía: un paseo pola influencia das estrelas nos estilos artísticos de todos os tempos.
Obradoiros: de acceso só para os inscritos. Indicamos o nivel por razóns informativas.
- Iniciación á astronomía (iniciación), por Jorge Arranz.
- Astrofotografía planetaria (medio), por Paco Bellido.
- Técnicas de vídeo documental (iniciación), por Iván Esfenodón.
- Modelismo espacial (iniciación), por Marcos Merinero.
- Traballando con datos de Gaia (experto), por Francesca Figueras
- O metano marciano (experto), por Jorge Pla García.
- RadioAstronomía (medio), por Javi Moldes.
Outras actividades:
- Astro-Cea: unha cea temática na que ao longo de varios pratos descubriremos o universo que nos rodea, con música en directo.
- Lanzamento de foguetes: os traballos feitos polos alumnos do obradoiro de modelismo espacial serán postos a proba. Conta atrás, ignición, despegue e… ata varios centos de metros de altura.
Os organizadores da actividade teríano imposible sen o concurso das seguintes entidades, que patrocinan e colaboran de diferentes xeitos para que AstroGalicia18 sexa posible.
- AstroVigo.
- Agrupación Astronómica Coruñesa Ío.
- Agrupación Astronómica Rías Baixas.
- Asociación Astronómica Sirio de Pontevedra.
- Clube Compostelán de Astronomía Vega.
- Asociación Galega para a Comunicación e a Cultura Científica e Tecnolóxica.
- Fotosíntese Agrupación Fotográfica de Ourense.
- O proxecto Ceos Galegos.
Colabora:
- Concello de Castrelo de Miño.