AstroGalicia 2018: cando e onde

Onde e cando

Lugar: Parque Náutico de Castrelo (Castrelo de Miño – Ourense).

Datas: do venres 12 pola noite ata o domingo 14 de outubro ao mediodía.

Participantes: ata 100 inscritos no programa oficial de actividades. Varios ducias máis nas actividades abertas. Non se precisa nivel previo.

Chegar é moi sinxelo, seguindo a información de calquera navegador. Outra opción e coller dirección a Ribadavia (Ourense), accesible desde a autovía das Rías Baixas. Unha vez collida a saída 252 xa aparece Castrelo de Miño en todos os cruces. Desde a autovía chégase en 5 minutos.

Onde durmir

Numerosos hoteis e casas de turismo rural nun radio de 5-10 minutos (nos concellos limítrofes de Arnoia, Ribadavia, Cenlle…). O propio edificio conta cun albergue xuvenil (chamar ao concello de Castrelo de Miño no 988 493 000 para contactar). E, como novidade, hai unha zona de acampamento libre con acceso a vestiarios e duchas ao carón da piscina municipal.

No caso de que queiras facer uso desta última opción de acampamento, só para inscritos, deberás indicalo no momento de encher a ficha de inscrición.

Organización

Os organizadores da actividade teríano imposible sen o concurso das seguintes entidades, que patrocinan e colaboran de diferentes xeitos para que AstroGalicia18 sexa posible.

Colabora:

Inscricións

Para a inscrición e a reserva nos obradoiros hai a disposición dos interesados un formulario en liña.

Tamén é posible a asistencia libre ás charlas, cea astronómica (o venres) e a outras actividades de xeito puntual.