AstroGalicia18: as persoas

Francesca Figueras

  • Profesora do Departamento de Física Cuántica e Astrofísica e vicedirectora do Instituto de Ciencias do Cosmos da Universidade de Barcelona (ICCUB, IEEC-UB).
  • Presidenta de la Sociedad Española de Astronomía (SEA), sociedade que agrupa a centos de astrónomos profesionais españois desde hai 3 décadas.
  • No seu eido profesional é experta no estudo da estrutura e evolución das galaxias, formando parte do equipo de científicos do proxecto Gaia da Universidade de Barcelona.

Paco Bellido

  • Residente en Córdoba.
  • Astrónomo amador e fundador da desaparecida Agrupación Astronómica Mizar.
  • A contaminación lumínica fíxoo centrarse nos últimos anos na observación solar e planetaria.
  • Editor do blog El beso en la Luna durante once anos, unha das publicacións pioneiras na blogosfera hispana adicada á Astronomía.
  • Na actualidade mantén a sección “Destinos astronómicos” na revista AstronomíA e colabora en diversos programas científicos internacionais.
  • Colaborador de Naukas.com onde mantén o blog Outros mundos (pacobellido.naukas.com).
  • As súas imaxes apareceron publicadas en revistas coma Sky and Telescope, Astronomy, Science et Avenir, L’Astronomie.

Jorge Pla Gracía

Reseña biográfica traducida de Astrométrico.

Podes ler unha entrevista recente a Jorge Pla-García (Madrid, 1980).

  • Investigador do Centro de Astrobiología (CSIC-INTA, asociado á NASA Astrobiology Institute) e investigador asociado do Space Science Institute (SSI) en Boulder, Colorado (EEUU).
  • Na actualidade pertence a catro equipos de ciencia de tres misións de NASA ao planeta vermello: instrumento meteorolócico REMS (misión Mars Science Laboratory Curiosity rover), instrumento TWINS (misión InSight) e instrumento MEDA e proxecto Consello de Atmosferas (ámbolos dous da misión Mars2020 rover). Tamén traballou durante tres anos na misión ExoMars2020 rover da Axencia Espacial Europea (ESA) dentro do instrumento RLS (Raman Laser Spectrometer).

  • Fixo o seu doutoramento (dos de verdade) en abril de 2018 no programa de Astrofísica da Universidade Complutense de Madrid. A súa área de estudo é a atmosfera do planeta Marte e o seu director de tese foi o Dr. Scot C.R. Rafkin (SwRI, Boulder, CO, EEUU).
  • A súa formación académica é de Enxeñeiro Superior Informático pola Universidade Pontificia de Salamanca (2006), Máster en Ciencia e Tecnoloxía desde o Espazo na Universidade de Alcalá (TFM: “ExoMars, ESA: searching evidence of ancient and past life”, 2010), Máster en Astronomía e Astrofísica na Valencian International University (TFM: “Evolution of Earth synthetic spectra and effects on the emergence of life: application to Exoplanets atmospheres characterization”, 2012) e Máster en Meteoroloxía e Xeofísica na Universidade Complutense de Madrid (TFM: “Mesoscale Meteorology of Gale Crater, Mars”, 2014). Ten outros dous cursos de postgrao: Especialidade en Comunicacións por Satélite (UPM) en 2007 e Especialidade en Instrumentación Astrofísica Avanzada (IScAI, IAC) en 2009.
  • Nos seus máis 10 anos de experiencia en ciencia espacial traballou en catro centros de investigación diferentes: Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC), Centro de Astrobioloxía (CAB, INTA-CSIC, Madrid), Southwest Research Institute (SwRI, Boulder, CO, EEUU) e Space Science Institute (SSI, Boulder, CO, EEUU).
  • En 2016 recibiu o premio “Student Outstanding Presentation Award” no congreso Japan Geoscience Union en Tokio, Xapón.
  • Impartiu conferencias no Jet Propulsion Laboratory (NASA-Caltech, California, invited talk) e nos congresos AGU (San Francisco), EGU (Viena), DPS (Utah), MAMO (Universidade de Oxford), EPSC (Nantes e Riga), ESAC (Madrid) e JpGU (Tokio, dous anos consecutivos). E, agora, en AstroGalicia18.
  • As súas publicacións están accesibles en Google Schoolar (~4.000 citacións, Índice h = 27).

Iván “Esfenodón”

Jorge Arranz

  • Dúas décadas divulgando astronomía en planetarios privados e públicos, actividades ao aire libre e de comunicación social da astronomía.
  • Deseñador de planetarios fixos.
  • Practicante da case extinguida arte do debuxo astronómico.
  • Responsable durante varios anos do grupo Io (Iniciación á Astronomía) da Agrupación Astronómica de Madrid.

Dani Caxete

  • Pintura e a fotografía son as dúuas constantes na súa vida que sempre han ir emparelladas. Pintando desde moi pequeno, tivo o seu primeiro contacto coa cámara do seu tío Xaquín á idade de 10 anos.
  • Na romaría do Naseiro (Lugo) tocoulle nunha tómbola unha Canonmatic. Un xoguete de plástico con só 3 posicións de diafragma, anubrado, sol/nubes e sol, que faría as delicias dos seus anos mozos permitíndolle captar aqueles entrañables momentos e aventuras… as miñas mellores fotos.
  • Co tempo a Pintura foi a súa principal profesión. Autofinanzábase os materiais e equipo de fotografía restaurando fotos antigas. Foi un proceso de experimentación continua tanto co pigmento como coas emulsións fotosensibles, chegando a complementar técnicas como virados, goma arábica, cianotípia ou emulsión líquida sobre papeis acuarela aos que logo aplicaba un coloreado e retoque a aerógrafo ou carboncillo. Estaba claro que facer fotos coa maleta da mili do avó ou algunha caixa de zapatos levaríao a unha aprendizaxe autodidacta de técnicas que por aquel entón moi poucos entendían e moitos menos valoraban. Hoxe imítanse cun mínimo esforzo coa chegada da tecnoloxía digital.
  • Unha vez chegada a era dixital, ao comezo mirándoa con desprezo pero despois apertándoa con entusiasmo. O plasticismo manual do laboratorio e carrete deu paso a complexos algoritmos de potentes sensores e software que permiten chegar a captar e procesar imaxes impensables hai 25 anos, co equipos relativamente accesibles para calquera peto.
  • Actualmente traballa como aerografista, rotulista, muralista e deseñador, enfrontándose a algún lenzo ou táboa de cando en vez.
  • Afincado en Madrid pintou para empresas como Coca-cola, Movistar, Cepsa, Telepizza, Fitur, Concello de Madrid, Loterías do Estado… Personalizar vehículos como motocicletas ou coches recoñecidos en revistas do sector (Biker zone, Custom Machines…) e decoración de locais comerciais, de lecer e restauración, desde o pub de barrio ata grandes franquicias de moda como Tommy Mel´s ou Albuche.
  • Seguindo coa fotografía, afondou na técnica de Astrofotografía e Paisaxe Astronómico; fotografías nocturnas sempre cun tema principal, o ceo e os seus astros enmarcados con algunha paisaxe.
  • En catro ocasións recibiu o recoñecemento da páxina Astronomy Picture Of the Day (APOD) da NASA formando parte cunha das miñas fotos do seu calendario APOD 2014 e 2015.
  • Catro anos seguidos no prestixioso libro Astronomy Photographer Of the Year que organiza The Royal Observatory of Greenwich (Reino Unido).
  • Publicando fotos na BBC ou levando o nome de Viveiro e a súa Capela de S. Roque en exposicións do Fox Talbot Museum-National Trust de Reino Unido que se estenderían por toda Europa, así como algunha reportaxe en prensa internacional: NBC News, Nikon Magazine, DailyMail, Bad Astronomy, Better Photography Magazine.
  • Unha das súas imaxes foi seleccionada no proxecto Ceos Galegos – calendario astronómico 2018.

Marcos Álvarez Merinero

  • Socio da Federación Aeronáutica do Principado de Asturias, Marcos desenvolve traballo de difusión do modelismo espacial para motivar o interese pola ciencia maila enxeñaría. Nesta entrevista conta máis da súa laboura.
  • Tamén e o coordenador da Sección de Astronáutica e Radioastronomía da Sociedade Astronómica Asturiana OMEGA e educador no marco do Proxecto PARTNeR de NASA.
  • Docente apaixoado da divulgación científica, colaboura en varios proxectos educativos relacionados coas ciencias do espazo. Anda sempre en constante formación, participando en numerosos cursos de diferentes organismos e entidades coma o MIT (Massachusetts Institute of Technology).

J.Moldes

EB1HBK

radiomakers.org