AstroGalicia18: os obradoiros

Actividades de pequeno grupo e acceso exclusivo aos inscritos. De diferente nivel previo.

Iniciación á Astronomía

Por Jorge Arranz

Nivel iniciación. 3-4 sesións.

Varias sesións adicadas á observación (orientación, planisferio, movementos terrestres, coordenadas, cacharreo) e outra de astronomía (lúa, planetas, estrelas e máis)

  1. Mirar o ceo. Movemento real e aparente da Terra. Sistemas de referencia.
  2. Técnicas de observación (cacharreo). A visión humana. Planisferios. Prismáticos. Introdución a telescopios. Que merco? Que preciso?
  3. Que se ve? Ollar á Lúa, aos planetas, os meteoros e os cometas. As estrelas, dobres e cúmulos. Nebulosas. Galaxias.
  4. Pola noite. Observación con telescopios e prismáticos, se o tempo o permite. Sesión alternativa: como NON explicarlles a astronomía aos nenos.

Fotografía planetaria

Por Paco Bellido

Nivel medio-avanzado. 2-3 sesións.

Organizado ao redor de tres sesións:

  1. Que é a fotografía planetaria, tipos de fotografía, tipos de cámara, aspectos previos a ter en conta (telescopio, accesorios, lugar e momento da observación…).
  2. Captura de vídeo, tratamento de vídeo e tratamento de imaxes.
  3. Traballo práctico con imaxes exemplo.

Empregarase manexo de software específico para o tratamento de imaxes planetarias:

  • Firecapture (http://www.firecapture.de/)
  • AutoStakkert! 3 https://www.autostakkert.com/
  • Registax http://www.astronomie.be/registax/download.html
  • WinJUPOS http://jupos.org/gh/download.htm
  • Maxim DL http://diffractionlimited.com/product/maxim-dl/
  • Adobe Photoshop https://www.adobe.com/es/products/photoshop.html

Recoméndase que os asistentes traian os seus ordenadores portátiles cos programas instalados. Os dous últimos non son software de balde, pero teñen versión de proba durante uns días. Explicaremos a montaxe das imaxes cos dous programas.

Tamén recoméndase que os alumnos asistan coas súas propias imaxes en tricromía para montalas. O docente levará algunhas propias para traballalas directamente no curso.

Fotografía nocturna e astronómica

Por Dani Caxete

Nivel iniciación. 3 sesións.

A primeiras 2 sesións:

  • Fotografía de paisaxes astronómicas; panorámicas compostas co gran angular e fotos simples.
  • Saídas e postas de Lúa-Sol; fotos co telescopio e teleobxetivos.
  • Introdución ao Espacio Profundo; explicar moi por enriba o proceso que siguen os astrofotógrafos neste campo.
  • Tránsitos da ISS; Solar, Lunar e pases iluminados (teño un vídeo moi explicativo sobre unha captura)

Terceira sesión:

  • Fotografía primitiva; a cámara oscura, a fotografía estenopeica, primeiras lentes en fotografía, cámara de gran formato, revelado químico.

Modelismo espacial

Por Marcos Merinero

Nivel iniciación-medio. 3-4 sesións.

Obradoiro para adultos que queiran iniciarse no apaixoante mundo do astromodelismo da man de expertos e coa garantía da Federación Aeronáutica Española. Trataranse aspectos normativos, empregaranse simuladores informáticos para a fabricación e lanzamento seguto de prototipos (que crearán os propios alumnos) con motores comerciais de combustible sólido.

Recoméndase traer ordenador portátil con Windows e Java instalados, necesarios para o software de cálculo que se usará.

Entre os obxectivos do obradoiro:

  • entender a normativa desta práctica desde o punto de vista de deporte aéreo
  • utilizar software específico para o deseño e os cálculos necesarios para realizar
  • despegues seguros e estables
  • analizar as variables e parámetros que interveñen na construción, deseño,
  • fabricación e lanzamentos de prototipos de foguetes de modelismo espacial.
  • construír e lanzar prototipos de foguetes de xeito estable e seguro, empregando os protocolos existentes

Este obradoiro ten un suplemento de 10 € na matrícula polo elevado custe dos materiais.

Técnicas de vídeo documental profesional para el vídeo ocasional

Por Iván “Esfenodón”

Nivel iniciación. 2-3 sesións.

Técnicas de traballo que se usan no audiovisual profesional que se poden empregar a pequena escala por particulares; non só coa intención de que a estrutura narrativa siga certos patróns, senón tamén consellos cara á organización do propio traballo. Script, storyboard, organización do material, escolla de elementos sonoros, copyright, formatos estándar, etc. Cousas que adoitan funcionar ou que non.

Propostas de software profesional para usar de licenza de balde.

Unha sesión centrarase na parte de preproducción e outra na de producción.

Non se var clases de software concreto, explicando os menús e botóns. Antes ben, ofreceranse técnicas de traballo para despois aplicar no teu programa favorito: Final Cut, Adobe Premiere, Davinci, SonyVegas…

Na parte práctica empregarase algún destes para reforzar os exemplos.

Os contidos que se van impartir serán unha capa superior a software concreto. As nocións teóricas, que son as que fican cando os programas aparecen e desaparecen.

Resumindo, que os materiais estupendos que se gravan en astrofotografía chegen nun formato axeitado ao espectador, seguindo unhas normas básicas da lingua audiovisual e uns requisitos técnicos estándar.

RadioAstronomía para afeccionados

Por J.Moldes-EB1HBK

Nivel: iniciación. 3 sesións.

O pasado mes de febreiro publicábase en Nature o descubrimento mediante radioastronomía da pegada deixada polas primeiras estrelas formadas no universo. O abraiante era a imaxe da antena, da aparencia dunha mesiña de xardín abandoada no medio do deserto australiano.

A radioastronomía amateur é una disciplina multidisciplinar aínda abrollando, pero cun enorme potencial de investigación e aprendizaxe para os afeccionados. Nunca antes foi tan sinxelo e barato explorar este campo grazas ao avance da tecnoloxía. O principal obxectivo do obradoiro é coñecer e familiarizarnos cos aspectos chave do elemento máis sobranceiro: a antena. O segundo, formar un grupo asistido de interesados na práctica desta disciplina.

Des o espazo exterior e desde o noso propio planeta o cosmos maniféstase máis alá do espectro visible. O espectro de radio fornécenos dunha ferramente poderosa de observación e comprensión do universo que nos arrodea, sen as limitacións habituais da astronomía visual

Explicaremos que son as Antenas de elevado rendimiento para Radioastronomía Amateur e como realizar optimización dea detección de sinais. As partes do obradoiros serán as seguintes:

  • Tipoloxía básica das antenas e características principais
  • Instalación correcta da antena
  • Indentificar fontes de ruído e interferencias
  • Optimizacion da detección

O misterio do metano marciano

Por Jorge Pla García

Nivel medio-avanzado. 1 sesión.

En Marte, o metano sempre acaparou moita atención polas súas implicacións astrobiolóxicas xa que na atmosfera terrestre o metano é producido sobre todo pola actividade biolóxica.

O metano marciano podería ter a súa orixe en procesos ceológicos ou, con menor probabilidade, por procesos exóxenos (impacto de cometas ou de IDP) ou por procesos biolóxicos. Todas as deteccións de metano marciano foron controvertidas, tanto desde o punto de vista técnico (debido á contaminación con liñas telúricas nas observacións desde Terra e á baixa resolución espectral mailo ruído instrumental nas observacións desde órbita marciana), como tamén porque evidencian unha variabilidade temporal e espacial difícil de explicar cos coñecementos actuais. En ausencia dun mecanismo coñecido que o destrúa axiña, a vida fotoquímica do metano é da orde de varios séculos, polo que debera ter unha distribución uniforme por todo o planeta; algo non observado.

Para resolver este misterio estamos a aplicar sofisticados modelos meteorolócicos marcianos (MRAMS) para o estudo mailo transporte e a mestura atmosférica de metano emitido desde ubicacións específicas usando gases trazadores e para investigar se a localización destas emisións mailo tipo de emisión son consistentes coas observacións realizadas.

Analizando datos de Gaia

Por Francesca Figueras

Nivel avanzado. 1 sesión.

A información que xera a misión Gaia é inxente. Unha chea de datos son procesados e almacenados para o seu estudio e procesado. Dentro destes datos hai moita información que pode ser de interese para astrónomos afeccionados que teñan os seus propios obxectos astronómicos de interese. No obradoiro aprenderemos os conceptos básicos para aproveitar todos estes datos.