AstroGalicia 2019: a festa galega das estrelas

AstroGalicia cumpre xa dez anos. Creamos un espazo de lecer e divulgación científica ao redor da astronomía. Serve tanto de punto de encontro das asociacións astronómicas galegas como para que xente curiosa e interesada pase uns días moi agradables. Moitas das actividades están abertas a toda a poboación. Outras, as menos, só para os inscritos. Un programa de actividades paralelo aumentará a oferta de actividades e accións.

Ata o de agora tivo edicións celebradas en Forcarei, Maceda, Boqueixón, San Xoán de Río e Castrelo de Miño.

Sexa cal sexa o teu perfil hai unha actividade ao teu gusto se:

  • queres comezar a iniciarte na astronomía
  • es un astrónomo afeccionado
  • gustas da fotografía e queres saber de astrofotografía
  • fas divulgación e queres coñecer técnicas profesionais
  • tes curiosidade polo mundo que che rodea
  • pertences ou queres pertencer a unha asociación de astrónomos afeccionados

Se queres ampliar a información da actividade xa podes:

  • consultar  o programa completo para os horarios das actividades
  • mirar os contidos das charlas divulgativas (todas de acceso libre)
  • comprobar se hai obradoiros que che poidan interesar (necesitan inscrición)
  • pequenas biografías dos relatores e docentes (borrador)
  • inscribirte xa, antes de que remate o prazo o 8 de outubro. Se te inscribes antes do 10 de setembro terás os mesmos prezos que na edición anterior.
  • como chegar e onde durmir (incluíndo opción de balde)

O programa aínda é provisorio e poderá sufrir alteracións, especialmente os horarios que se irán adaptando as condicións meteorolóxicas e a posibles continxencias co avión dalgún dos relatores.

Resumo

Lugar: Náutico de Castrelo (Castrelo de Miño – Ourense).

Datas: do 11 ao 13 de outubro de 2019.

Participantes: ata 100 inscritos no programa oficial de actividades. Varios ducias máis nas actividades abertas.

Charlas: de acceso de balde e cun nivel para todos os públicos. Os relatores están investigando en temas de completa actualidade e/ou son excelentes comunicadores.

Obradoiros: de acceso só para os inscritos. Indicamos o nivel por razóns informativas.

  • Iniciación á astronomía (iniciación).
  • Iniciación á fotografía nocturna e astronómica (iniciación).
  • Modelismo espacial (iniciación), por Marcos Merinero.
  • O metano marciano (experto), por Jorge Pla García.
  • Como fotografar un burato negro (experto).
  • Fotometría da contaminación luminosa (avanzado).

Outras actividades:

  • Astro-Cea: unha cea temática na que ao longo de varios pratos descubriremos o universo que nos rodea, con música en directo.
  • Lanzamento de foguetes: os traballos feitos polos alumnos do obradoiro de modelismo espacial serán postos a proba. Conta atrás, ignición, despegue e… ata varios centos de metros de altura.

Os organizadores da actividade teríano imposible sen o concurso das seguintes entidades, que patrocinan e colaboran de diferentes xeitos para que AstroGalicia19 sexa posible.

Colabora: