Podes ler unha entrevista recente a Jorge Pla-García (Madrid, 1980).
Investigador do Centro de Astrobiología (CSIC-INTA, asociado á NASA Astrobiology Institute) e investigador asociado do Space Science Institute (SSI) en Boulder, Colorado (EEUU).
Na actualidade pertence a catro equipos de ciencia de tres misións de NASA ao planeta vermello: instrumento meteorolócico REMS (misión Mars Science Laboratory Curiosity rover), instrumento TWINS (misión InSight) e instrumento MEDA e proxecto Consello de Atmosferas (ámbolos dous da misión Mars2020 rover). Tamén traballou durante tres anos na misión ExoMars2020 rover da Axencia Espacial Europea (ESA) dentro do instrumento RLS (Raman Laser Spectrometer).
Fixo o seu doutoramento (dos de verdade) en abril de 2018 no programa de Astrofísica da Universidade Complutense de Madrid. A súa área de estudo é a atmosfera do planeta Marte e o seu director de tese foi o Dr. Scot C.R. Rafkin (SwRI, Boulder, CO, EEUU).
A súa formación académica é de Enxeñeiro Superior Informático pola Universidade Pontificia de Salamanca (2006), Máster en Ciencia e Tecnoloxía desde o Espazo na Universidade de Alcalá (TFM: “ExoMars, ESA: searching evidence of ancient and past life”, 2010), Máster en Astronomía e Astrofísica na Valencian International University (TFM: “Evolution of Earth synthetic spectra and effects on the emergence of life: application to Exoplanets atmospheres characterization”, 2012) e Máster en Meteoroloxía e Xeofísica na Universidade Complutense de Madrid (TFM: “Mesoscale Meteorology of Gale Crater, Mars”, 2014). Ten outros dous cursos de postgrao: Especialidade en Comunicacións por Satélite (UPM) en 2007 e Especialidade en Instrumentación Astrofísica Avanzada (IScAI, IAC) en 2009.
Nos seus máis 10 anos de experiencia en ciencia espacial traballou en catro centros de investigación diferentes: Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC), Centro de Astrobioloxía (CAB, INTA-CSIC, Madrid), Southwest Research Institute (SwRI, Boulder, CO, EEUU) e Space Science Institute (SSI, Boulder, CO, EEUU).
En 2016 recibiu o premio “Student Outstanding Presentation Award” no congreso Japan Geoscience Union en Tokio, Xapón.
Impartiu conferencias no Jet Propulsion Laboratory (NASA-Caltech, California, invited talk) e nos congresos AGU (San Francisco), EGU (Viena), DPS (Utah), MAMO (Universidade de Oxford), EPSC (Nantes e Riga), ESAC (Madrid) e JpGU (Tokio, dous anos consecutivos). E, agora, en AstroGalicia18.
As súas publicacións están accesibles en Google Schoolar (~4.000 citacións, Índice h = 27).
Raquel Fraga Encinas
Investigadora no grupo BlackHoleCam do departamento de Astrofísica de Radboud Universiteit (Nimegen, Países Baixos). Membro da colaboración EHT (Event Horizon Telescope) desde 2013, desempeñando tarefas nos grupos de traballo: teórico, divulgación e observacional.
Está a rematar o doutoramento en Astrofísica baixo a supervisión de Dr. Heino Falcke e M. Moscibrodzka. Os seus estudos céntranse nas propiedades físicas de Saxitario A*, o burato negro supermasivo do centro da nosa propia galaxia, a radioastronomía maila física de plasmas. Messier 87 (M87) e Saxitario A* son os principais obxectos de estudo do EHT.
Entre 2008-2013 traballou no Instituto de Física de Cantabria (IFCA-CSIC, Santander) desempeñando tarefas de soporte científico para o observatorio de raios-X ATHENA, misión da Axencia Espacial Europea.
En 2008 fixo unha estadía no Instituto de Astrofísica de Andalucía (IAA-CSIC, Granada) para investigar cuásares. En novembro de 2007 impartiu un obradoiro de Astronomía para la U. Vigo no Campus de Ourense.
Obtivo un Máster en Astronomía na University of Maryland (College Park, EEUU), licenciatura en Astrofísica e diplomatura en Matemáticas na University of New Mexico (Albuquerque, EEUU).
Grazas a unha bolsa da Xunta de Galicia cursou o Bacharelato Internacional no United World College (UWC-USA, New Mexico, EEUU) tras terminar estudos no Colexio Santa Teresa de Jesús de Ourense.
Nado en Madrid e apaixoado da astronomía desde os 6 anos.
Astrónomo amador e profesional. Grao en CC Físicas, Máster en Astrofísica e Doutorado en Astrofísica pola Universidade Complutense de Madrid.
Membro de varias asociacións astronómicas, sociedades científicas e de protección da natureza (ASAAF-UCM, AAM, Astrohenares, IMO, SEA, REECL, LoNNe, Stars4all, SOMYCE, SPNM, AstroInnova).
Activista en temas de contaminación luminosa desde os anos 90, investigando no tema desde 2007.
Estadías no Cegep de Sherbrooke e na Freie University de Berlín.
Forma parte do proxecto ORISON, liderado polo IAA, para o estudo de viabilidade da creación dun observatorio na alta estratosfera.
Actualmente colabora como asesor da Oficina de Calidad del Cielo do Instituto de Astrofísica de Andalucía e traballa no Instituto de Medioambiente e Sostenibilidade da Universidade de Exeter (RU).
Socio da Federación Aeronáutica do Principado de Asturias, Marcos desenvolve traballo de difusión do modelismo espacial para motivar o interese pola ciencia maila enxeñaría. Nesta entrevista conta máis da súa laboura.
Tamén e o coordenador da Sección de Astronáutica e Radioastronomía da Sociedade Astronómica Asturiana OMEGA e educador no marco do Proxecto PARTNeR de NASA.
Docente apaixoado da divulgación científica, colaboura en varios proxectos educativos relacionados coas ciencias do espazo. Anda sempre en constante formación, participando en numerosos cursos de diferentes organismos e entidades coma o MIT (Massachusetts Institute of Technology).
Fernando Cabrerizo
Socio da Sociedad Astronómica Syrma de Valladolid.
Vicepresidente da Federación de Asociacións Astronómicas de España.
Amador da Astronomía desde 1987 tras un obradoiro no colexio, entrando en Syrma en 1988.
Comezou coa fotografía nas mesmas datas por outro obraodiro no colexio.
Activo divulgador de Astronomía con Syrma e colaborador do Centro Astronómico de Tiedra do que foi Director Técnico.
Martin Pawley
Socio da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío.
Crítico, produtor e programador de cinema.
Colabora desde hai máis de dez anos no programa “Efervesciencia” da Radio Galega.
Colabora desde 2015 todas as fins de semana no programa “Con voz” de Radiovoz coa sección astronómica “A noite é necesaria”.
Columnista da revista “Astronomía” cunha sección sobre contaminación luminosa.
Premio FAAE (Federación de Asociaciones Astronómicas de España) á divulgación astronómica en 2018.
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario na nosa web. Aceptas?
Este sitio web usa cookies para mellorar a súa experiencia mentres navega polo sitio web. As cookies que se clasifican como necesarias almacénanse no seu navegador xa que son esenciais para o funcionamento das funcións básicas do sitio web. Tamén empregamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como usa este sitio web. Estas cookies gardaranse no seu navegador só co seu consentimento. Tamén tes a opción de desactivar estas cookies. Pero a exclusión dalgunhas destas cookies pode afectar a súa experiencia de navegación.
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría só inclúe cookies que aseguran funcionalidades básicas e funcións de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.
As cookies non necesarias utilízanse específicamente para recompilar datos persoais dos usuarios a través de análises, anuncios e outros contidos incrustados. É obrigatorio obter o consentimento do usuario antes de executar estas cookies no seu sitio web.