AstroGalicia19: os obradoiros

Actividades de pequeno grupo e acceso exclusivo aos inscritos. Indicamos o nivel necesario a efectos informativos. Indicamos os “niveis” de xeito informativo. Así:

  • Nivel de iniciación indica que non se precisa ningún coñecemento previo.
  • Nivel medio: indica que precisa coñecementos iniciais sobre a materia ou ter asistido en edicións anteriores de AstroGalicia ao respectivo obradoiro de iniciación.
  • Nivel avanzaso: necesítanse coñecementos previos sobre a materia, ou física/matemática en función do obradoiro. Só para afeccionados moi, moi interesados. Supoñen un auténtico desafío á mente.

Bosquexo dos obradoiros. Pendente de actualizar e incluír algún adicional.

Iniciación á Astronomía

Nivel iniciación. 3-4 sesións.

Breve reseña de temas a tratar no obradoiro:

  • Historia exprés da astronomía: como foi cambiando ao longo dos séculos a nosa visión do universo.
  • O sistema solar. A escala do universo.
  • Observación do firmamento. Localización de constelacións. Aprender a ver de noite.
  • Práctica nocturna.

Astronomía segunda fase (pendente)

Nivel medio. 3-4 sesións

Destinado aos asistentes de edicións anteriores de AstroGalicia do obradoiro de “Iniciación á Astronomía”. Tamén para aqueles afeccionados que desexen afondar un pouco máis na súa práctica da astronomía.

Contidos e relator por determinar.

Iniciación á fotografía nocturna e astronómica

Por Fernando Cabrerizo

Nivel iniciación-medio. 3-4 sesións.

Indicado para posuidores de cámara réflex dixital ou que estan a piques de mercala. Non é imprescindible vir con cámara, pero axudará na práctica nocturna. Poderán coñecer de primeira man as posibilidades que estas lles ofrece para inciarse no mundo da fotografía nocturna e astronómica. O uso da cámara, os elementos necesarios, o software básico para o procesado….

Modelismo espacial (iniciación)

Por Marcos Merinero

Nivel iniciación-medio. 3-4 sesións.

Obradoiro para adultos que queiran iniciarse no apaixoante mundo do astromodelismo da man de expertos e coa garantía da Federación Aeronáutica Española. Trataranse aspectos normativos, empregaranse simuladores informáticos para a fabricación e lanzamento seguto de prototipos (que crearán os propios alumnos) con motores comerciais de combustible sólido.

Recoméndase traer ordenador portátil con Windows e Java instalados, necesarios para o software de cálculo que se usará.

Entre os obxectivos do obradoiro:

  • entender a normativa desta práctica desde o punto de vista de deporte aéreo
  • utilizar software específico para o deseño e os cálculos necesarios para realizar
  • despegues seguros e estables
  • analizar as variables e parámetros que interveñen na construción, deseño,
  • fabricación e lanzamentos de prototipos de foguetes de modelismo espacial.
  • construír e lanzar prototipos de foguetes de xeito estable e seguro, empregando os protocolos existentes

Este obradoiro ten un suplemento de 10 € na matrícula polo elevado custe dos materiais.

Modelismo espacial (avanzado)

Por Marcos Merinero

Nivel iniciación-medio. 3-4 sesións.

Reservado para aqueles inscritos que na edición AstroGalicia18 asistiran ao obradoiro de modelismo espacial. Neste caso, de contidos semellantes e, simultáneamente ao de iniciación, poderán construír un prototipo a escala pero con varios motores.

Este obradoiro ten un suplemento de 10 € na matrícula polo elevado custe dos materiais.