Autores

Quen somos

O equipo está baixo a dirección de X. Dosi Veiga, licenciado en Física xa no século pasado pola Universidade de Santiago de Compostela. Tamén é o responsable principal do www.apodgalego.com, a tradución ao galego do Astronomical Picture Of the Day da NASA e redactor na única revista que aínda se edita en castelán con temática astronómica: AstronomíA. Socio fundador da Asociación Galega para a Comunicación e a Cultura Científica e Tecnolóxica.

Outros redactores se irán sumando ao equipo, ademais de programadores web e, sobre todo, fotógrafos e fotógrafas. Ti tamén podes ser parte do equipo se queres colaborar connosco.

Cando xorden temas afíns contamos cun amplo equipo de colaboradores para a corrección dos textos, que iremos incorporando a esta lista. Entre outros, contamos co asesoramento de:

O editor

A coidada edición, os textos, a escolla das imaxes, a selección do estudo gráfico responsable e da imprenta correspóndelle a X. Dosi Veiga. Quizais sexa o editor que necesitaba un traballo coma este, pola súa implicación na difusión da astronomía e a súa relación co mundo galego da astronomía tanto profesional como amateur. Así, no seu currículum temos:

O deseñador

Miguelanxo Carvalho de Blau Estudio de deseño gráfico é o responsable da maquetación, deseño gráfico e o acabado final do #CeosGalegos19.

Os fotógrafos

Os pioneiros, colaboradores da primeira fase para a edición do Calendario Ceos Galegos 2018, foron os seguintes artistas:

Nas imaxes diarias que publicamos na web foise ampliando o elenco e contamos con estes e outros fotógrafos: