Ceos Galegos 2019: concurso mellores fotos

Por segundo ano convocamos o concurso ás mellores imaxes tiradas do Ceo Galego durante este ano. Ampliamos categorías e premios. Pode participar calquera que comparta os obxectivos do noso proxecto.

Podes consultar:

  • as categorías
    • Paisaxes celestes: fotografías de paisaxes, mariñas ou perfís urbanos nos que o ceo nocturno ou o solpor teña unha presenza destacada. Imaxes que inclúan horizonte terrestre ou marítimo, elementos naturais, xeolóxicos ou accidentes xeográficos. Sube a túa imaxe.
    • Xente e ceo: fotografías do ceo nocturno que inclúan xente ou elementos que amosen a presenza ou influencia do ser humano. Imaxes nas que apareza unha ou varias persoas ou elementos de natureza humana. Imaxes evocadoras ou motivadoras sobre calquera idea ou concepto relacionado co ceo, a astronomía ou as ciencias do espazo. Sube a túa imaxe.
    • Sistema solar: fotografías do Sol (incluíndo eclipses e tránsitos), da Lúa (incluíndo eclipses e ocultacións de estrelas ou planetas), de planetas, cometas, asteroides e outros astros achegados. Sube a túa imaxe.
    • Con telescopio: obxectos de espazo fondo accesibles só mediante telescopio ou teleobxectivo. Inclúense obxectos da nosa Vía Láctea: estrelas, cúmulos, restos de supernova e outros fenómenos galácticos. Fotografía de obxectos do espazo fondo máis alá da nosa Vía Láctea, incluíndo galaxias, cúmulos galácticos, choques galácticos… Sube a túa imaxe.
    • MeteoFoto: nubes, nubes nacaradas ou noctilucentes, halos, meteoros e outros fenómenos da atmosfera, tanto superior coma inferior. Tormentas, lóstregos, arcos da vella e demais fenómenos naturais. Unha mostra dos temas que entran nesta categoría son os recollidos na web https://atoptics.co.uk/. Sube a túa imaxe.
  • as regras: admitimos imaxes ata o día 22 de decembro 15 de decembro de 2019, feitas despois do 1 de decembro de 2018. Como sempre, cos pés en territorio galego. Consulta as regras completas antes de participares.
  • os premios
    • Premios do xurado: un primeiro premio con dotación económica. Segundo e terceiro premios con lote de produtos.
    • Premios do público: primeiro, segundo e terceiro premios con lote de produtos. Abriremos votación popular o día 14 de decembro.
  • o xurado: persoas con experiencia e coñecedoras de cada unha das súas categorías