Ceos Galegos 2019

As fotos enviadas estarán ocultas para o público ata o 14 de decembro. Algúns autores están a experimentar problemas co módulo de subida de imaxes. Se é o teu caso, podes remitilas directamente por correo a info@ceosgalegos.com indicando medios técnicos, data, lugar e descrición.

Aínda non se enviou ningunha foto para o concurso. Podes ser o/a primeiro/a!

As categorías

soutez-fb-final-ENG-layers

  • Paisaxes celestes: fotografías de paisaxes, mariñas ou perfís urbanos nos que o ceo nocturno ou o solpor teña unha presenza destacada. Imaxes que inclúan horizonte terrestre ou marítimo, elementos naturais, xeolóxicos ou accidentes xeográficos.
  • Xente e ceo: fotografías do ceo nocturno que inclúan xente ou elementos que amosen a presenza ou influencia do ser humano. Imaxes nas que apareza unha ou varias persoas ou elementos de natureza humana. Imaxes evocadoras ou motivadoras sobre calquera idea ou concepto relacionado co ceo, a astronomía ou as ciencias do espazo.
  • Sistema solar: fotografías do Sol (incluíndo eclipses e tránsitos), da Lúa (incluíndo eclipses e ocultacións de estrelas ou planetas), de planetas, cometas, asteroides e outros astros achegados.
  • Con telescopio: obxectos de espazo fondo accesibles só mediante telescopio ou teleobxectivo. Inclúense obxectos da nosa Vía Láctea: estrelas, cúmulos, restos de supernova e outros fenómenos galácticos. Fotografía de obxectos do espazo fondo máis alá da nosa Vía Láctea, incluíndo galaxias, cúmulos galácticos, choques galácticos…
  • MeteoFoto: nubes, nubes nacaradas ou noctilucentes, halos, meteoros e outros fenómenos da atmosfera, tanto superior coma inferior. Tormentas, lóstregos, arcos da vella e demais fenómenos naturais. Unha mostra dos temas que entran nesta categoría son os recollidos na web https://atoptics.co.uk/.

Podes revisar:

O público poderá votar a partires do 14 de decembro.  Só poderán votar usuarios rexistrados. O rexistro pode facerse directamente ou por medio da túa conta de FaceBook, Twitter ou G+. Para que o teñas máis doado que o xurado, podes votar por todas as fotos que che gusten só con premer o botón "gústame". Iso si, só poderás votar unha vez á mesma foto.

A %d blogueros les gusta esto: