Ceos Galegos 2020

Foto anteriorFoto seguinte
O concurso rematou!
Título: A VIA LACTEA SOBRE PUNTA ROBALEIRA
Autor: Juan Manuel Galiñanes Rebouza
Votos: 1

Categoría: Xente e Ceo
Visualizacións: 152
Descrición: Trátase dunha panorámica de arredor de 40 tomas verticais en tres fileiras, realizada o 08/09/2020 sobre as 22:20 da noite. Nela mostrase o arco da via lactea, nun lugar complicado para este tipo de fotografías debido a un problema común nos nosos días como e a contaminación lumínica. Todolos raws levan un revelado basico en lightroom, para logo ser exportados en Tiff a IMAGE COMPOSITE EDITOR para a unión das tomas que forman a panorámica. Logo de cosidas todalas tomas, a panorámica é exportada a TOPAZ DENOISE AI para o tratamento do ruido. E finalmente, rematouse o procesado en photoshop para engadir a toma co suxeito, a cal foi tomada no mesmo momento que o resto de tomas que compoñen a panorámica, e resaltar o brillo e contraste da via lactea con máscaras de luminodisade.