Ceos Galegos 2020

Foto anteriorFoto seguinte
O concurso rematou!
Título: Pilar solar
Autor: Julian Daniel Martinez Cores
Votos: 4

Categoría: MeteoFoto
Visualizacións: 152
Descrición: Os pilares, ó igual que tódolos halos, están formados polo reflexo e a refracción da luz nos cristais de xeo das nubes altas. Como o seu propio nome indica, teñen forma de columna luminosa. Neste halo, os raios non se desvían ni se descompoñen en cores, adoptando así as tonalidades propias dos amenceres e os atardeceres, que son os momentos do día en que poden aparecer. Esta captura está realizada na desembocadura do río Umia, media hora despois da posta de sol. Aproveitando que non había vento que axitase a superficie da auga, capturei o reflexo do fenómeno atmosférico, enfatizando así a súa forma. Ademáis, engadín como primeiro plano unha vella raíz a contraluz que serviu para enmarcar o alargado efecto óptico.