Ceos Galegos 2020

Foto anteriorFoto seguinte
O concurso rematou!
Título: Primeiras Luces: entre as Galaxias de Espiral y Molinillo
Autor: Iago F.G.
Votos: 12

Categoría: Con Telescopio
Visualizacións: 359
Descrición: Esta é a primeira vez que vin "o fondo". Ata aquel entón era descoñecido, todo era ruido, pero entón dinme conta de que había un certo patrón, e esta non era unha zona como Orión... Durante días busquei unha maneira para recuperar aquel patrón en algo coherente... cando por fin o vin os meus ollos non daban crédito. Ante min había unha "nebulosa", pero esta era enorme, inmensa... extendíase dende a Galaxia do Molinillo ata a Galaxia Espiral por toda a Osa Maior e máis aló. Logo fixen o mesmo en outras fotos do ceo que tiña: as veces aparecía, as veces non, as veces con patróns aburridos e outras con formas totalmente anárquicas, con ou sen cores... Logo vino tamén nas zonas escuras de sky surveys como DSS2 color ¿qué é? ¿é a nosa propia Galaxia? o pó que se extende entre todas as estrelas que se vislumbra levemente nos lugares onde é ionizado pola radiación das estrelas, ténue e frio, pero non de todo, preto e lonxe, aquí e alá... esta foi a primeira imaxe donde o vin...