Ceos Galegos 2021

Foto anteriorFoto seguinte
O concurso rematou!
Título: A fotografía soñada
Autor: Drew Korme
Votos: 22

Categoría: Xente e Ceo
Visualizacións: 263
Descrición: Despois de conseguir unha panorámica dende o mesmo lugar o verán de 2020, co cometa Neowise acompañando a Vía Láctea no ceo, decidín acercarme de novo as pedras do Roncudo para intentar mellorar o resultado final de aquela noite, xa que por un problema co obxetivo, a foto quedou algo desenfocada. Nunha desas noites do verán de 2021, onde reinaba a calma nunha zona onde habitualmente non o fai, achegamonos ao Roncudo, e nada mais chegar, decatámonos do espectacular que estaba o ceo, coa Vía Láctea mandando no ceo con algunha que outra perseída caendo cada certo tempo, co que pensamos que se a execución técnica era boa, o resultado final podería ser bastante sorprendente. A sorpresa veu pouco despois, ao asentarnos no lugar dende o que dispararíamos e unha vez que nosos ollos se acostumaron por completo a oscuridade, podendo ver como o mar de ardora rodeaba as rochas que están baixo o faro, dandolle a maxia e luz que moitas veces me poiden imaxinar pero que non vira de todo posible poder conseguir, ata esa noite. Tras mais de 90 disparos que conforman esta panorámica divididos en 5 filas (foi practicamente unha composicion de disparos a 360º, coa Vía Láctea xa moi alta no ceo) e moitas horas para poder montar todas as fotos e que todo quedase no seu sitio, ademais do seu correspondente procesado, conseguín facer a que posiblemente sexa a miña fotografía nocturna máis preciada, xuntando todo o que me enche dentro desta afición: a Vía Láctea, o mar de ardora e no faro ao que me acerco cada día e que casualmente construío meu tararavó fai agora mais de 100 anos, O Roncudo.