Título: Camiños de millo estelar.
Votos: 8
Categoría: Xente e Ceo
Visualizacións: 170
Descrición: Paisaxe nocturna tomada no concello de Carnota, porén, a pretensión é a de non amosar elementos identificativos que leven á localización precisa da foto, senón de representar un ceo co que se poda identificar calquera galega ou galego. No ceo, a vía láctea de outubro e xúpiter, que nesas semanas amosaba unha intensa luz. Na terra, unha das construcións máis senlleiras e representativas de todo o noso territorio, o hórreo.