Ceos Galegos 2021

Foto anteriorFoto seguinte
O concurso rematou!
Título: LONGO SOÑO DE PEDRA
Autor: Juan Manuel Galiñanes Rebouza
Votos: 3

Categoría: Xente e Ceo
Visualizacións: 251
Descrición: Esta imaxe está realizada no Faro no Roncudo, en Ponteceso. Era a primeira vez que ía a este lugar e quería unha panorámica da vía látea co faro. Cheguei xa de noite así que empezei a explorar as posibilidades usando a realidade aumentada de Photopills. O final decidín este encadre situando o faro nun lado e a miña persoa no outro e abranguendo toda a fotografía co arco da vía láctea por riba. Trátase dun arco da vía látea normal e corrente coma tantos outros, pero hay unha curiodidade destacada. Antes debo dicir que a panorámica está cosida con Image Composite Editor, e a forma das rochas os pes do faro é tal cual saiu da súa montaxe polo programa informático. As rochas os pes do faro parecen conformar unha escea de cama onde podemos observar o que parece un vello deitado panza arriba coas mans no peito observando a vía lactea. Ése foi o primeiro descobrimento, pero tamén me decatei da existencia do que parecía outra cara a que non remataba de collerlle a forma ata que por fin caín no que semella unha vella deitada boca abaixo con camisón e a cara pousada sobre a almofada o lado do vello. A fotografía foi publicada nas redes sociais e multitude de xente alviscaba a velo mesmo claramente. No procesado potenciei as luces e as sombras das pedras para axudar a velo mellor. Falei con xente da zona e nadie tiña coñecemento desta particularidade. Imaxino que se tratará dun punto de vista moi concreto e do xogo luces e sombras de aquela noite. Pero o realmente particular, na miña opinión, no é a forma xa que moitas veces topamos pedras as que asociamos a distintas apariencias senón que é o conxunto en sí, e dicir, a escea completa de dous ancians deitados os pes do faro. Por iso decidín o título de LONGO SOÑO DE PEDRA. Bueno, quitando esta particularidade trátase dunha panorámica do arco da via lactea sobre o faro do Roncudo para a que se empregaron 246 fotografías para apilar en sequator, no que saíron do apilado resultante 46 fotografías a dividir en tres fileiras e outra fotografía para o suxeito. Comenzaron as tomas a 1 da madrugada e remataron sobre as tres do dia 9 de Xullo. Por suposto este ano intetarei repetila cos coñecementos adquiridos este ano, e sobre todo para comprobar as formas das pedras.