Title: CONXUNCIÓN NAS CÍES
Votes: 2
Category: Sistema Solar
Views: 327
Description: Esta imaxe está tomada o 17 de Decembro, naqueles días que andabamos tolos buscando o esperado cometa leonard...Eu foi o único día que puiden saír a buscalo pero nin rastro....sen embargo puiden traer esta bonita conxunción, entre Venus, Saturno e Xúpiter se non lembro mal.... e creo que leonard andaba por algunha parte, próximo o horizonte, pero eu non o dei atopado seguramente agachado nesas neboas do horizonte. As tomas desta panorámica tomáronse sobre ás oito da tarde despois do atardecer e xa desistindo de coller o cometa, na zona de Cabo Home en Cangas do Morrazo.


