Title: O ollo de Sauron
Votes: 13
Category: Sistema Solar
Views: 453
Description: As rexións do sol con menor temperatura semellan escuras por contraste coa fotosfera, simplemente porque teñen unha temperatura media inferior.Nesta mancha solar a zona máis escura denomínase umbra e a rexión de transición penumbra. Nelas, a actividade magnética é moi intensa. Para obter exte nivel de detalle na granulación empregouse unha lámina Baader no frontal do telescopio máis un filtro Solar Continuum de Baader acoplado á CCD .A fotografía corresponde coa rexión 2882 , obtida o 7-10-21 , dende o DITO , Arzúa; a gran estabilidade atmosférica permitiu usar un multiplicador 5X con garantías.


