Ceos Galegos 2021

Foto anteriorFoto seguinte
O concurso rematou!
Título: ¿Xemas do Infinito, Complexo molecular Xéminis-Tauro-Auriga, ou… Galactus?
Autor: Iago F.G.
Votos: 11

Categoría: Con Telescopio
Visualizacións: 185
Descrición: Este panorama realizado o longo de varias noites, tomas con varios filtros: Lenhance, Halfa e Oiii, evoca a forma dun home de dimensións realmente cósmicas levantándose dende o chan ¿seica anda solto Galactus? Na banda da Vía Láctea, xusto na zona fronteriza entre Xéminis, Tauro e Auriga rescatamos no medio a ténue nebulosa Espaguetti (ou Simeis 147, ou Sharpless 2-240) que é un remanente de supernova; na esquerda da imaxe podense apreciar as nebulosas da Cabeza de Mono e Medusa, eo lado dereito as nebulosas da Mosca, da Araña, o cúmulo da Letra Y e a nebulosa da Estrella Chameante, xunto con algúns cúmulos estelares como o de Sal e Pementa de Xaneiro e o da Estrela de Mar. Ademáis de esquerda a dereita pódense apreciar fios de pó e gas que forman parte da estructura da Vía Láctea nesa zona. Procesado: en cada toma por separado: quitar gradiente atmósferico, reducción de ruido, nas tomas de filtros H-alfa e Oiii aumento do brillo, incremento do contraste para destacar zonas de alta emisión; aliñadas e superpostas as tomas sobre a de LEnhance, aumentada exposicion do fondo cósmico, reducida a exposición das estrelas secundarias, balance de cor e filtro de enfoque.