Colabora

Como colaborar

Entra en www.ceosgalegos.com a cotío e le. Comparte nas túas redes. Envíanos comentarios, dúbidas, consultas, temas a tratar, correccións, avisos de erros. Tanto nas propias redes sociais (Twitter, FaceBook ou InstaGram) como directamente cunha mensaxe a info@ceosgalegos.com.

Tamén andamos a procura de fotografías. Envíanos fotos e imaxes que fagas coa túa cámara. As de móbil teñen unha seccións específica, porque ese instante e cousa rara captada seguro que é interesante. Calquera imaxe que nos sirva de excusa para tratar algún dos temas de Ceos Galegos. Envía a fotos@ceosgalegos.com , entendendo que aceptas e compartes as nosas condicións. Ou cubre o formulario inferior.

Non buscamos só fotos postaleiras para calendario. Para iso xa faremos peticións específicas.

Tipos de fotos que nos interesan:

  • paisaxes co ceo, que se vexa o sol, a lúa, as nubes… Na montaña, na praia, na cidade, con algún monumento fermoso ou interesante
  • fotos de estrelas, primeiros planos dalgunha constelación, asterismos ou grupos de constelacións
  • ceo nocturno, amplas paisaxes do ceo nocturno, con Vía Láctea, sen Vía Láctea, con monumentos singulares, en paisaxes fermosas
  • óptica atmosférica: arco da vella, halo, parhelio
  • solpores e menceres bonitos
  • eventos astronómicos: eclipses, meteoros, bólidos
  • ceo fondo: nebulosas, galaxias, cúmulos, catálogos Messier, NGC, Arp, IC
  • meteoroloxía: nubes curiosas, raras, habituais, lóstregos, fenómenos adversos, trebóns
  • gráficos relacionados, imaxes orixinais, temas frikis…

Se queres colaborar en enviarnos algunha foto de ceos interesante, enche este formulario. Ou directamente por correo electrónico á conta “fotosARROBAceosgalegos.com”.
Revisa as Condicións.

[contact-form-7 id=”228″ title=”Formulario Foto”]