Colabora

Entra en www.ceosgalegos.com a cotío e le. Comparte nas túas redes. Envíanos comentarios, dúbidas, consultas, temas a tratar, correccións, avisos de erros. Tanto nas propias redes sociais (Twitter, FaceBook ou InstaGram) como directamente cunha mensaxe a info@ceosgalegos.com.

Tamén andamos a procura de fotografías. Envíanos fotos e imaxes que fagas coa túa cámara. As de móbil teñen unha seccións específica, porque ese instante e cousa rara captada seguro que é interesante. Calquera imaxe que nos sirva de excusa para tratar algún dos temas de Ceos Galegos. 

Non buscamos só fotos postaleiras para calendario. Para iso xa faremos peticións específicas.

Tipos de fotos que nos interesan:

  • Paisaxes co ceo, que se vexa o sol, a lúa, as nubes… Na montaña, na praia, na cidade, con algún monumento fermoso ou interesante
  • Fotos de estrelas, primeiros planos dalgunha constelación, asterismos ou grupos de constelacións
  • Ceo nocturno, amplas paisaxes do ceo nocturno, con Vía Láctea, sen Vía Láctea, con monumentos singulares, en paisaxes fermosas
  • Óptica atmosférica: arco da vella, halo, parhelio
  • Solpores e menceres bonitos
  • Eventos astronómicos: eclipses, meteoros, bólidos
  • Ceo fondo: nebulosas, galaxias, cúmulos, catálogos Messier, NGC, Arp, IC
  • Meteoroloxía: nubes curiosas, raras, habituais, lóstregos, fenómenos adversos, trebóns
  • Gráficos relacionados, imaxes orixinais, temas frikis…

Se queres colaborar en enviarnos algunha foto de ceos interesante, enche este formulario. 

Responsable:

Ceos Galegos.
Email: info(@)ceosgalegos.com.

Finalidad:

Xestionar, atender e respostar a solicitudes de información ou calquera comunicación feita a través deste formulario.

Lexitimación:

Consentimento do usuario que fai uso da ferramenta.

Destinatarios:

Os datos que me envías están almacenados nos servidores de Dinahosting. Podes ver aquí a súa política de privacidade.

Dereitos:

Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos.

Máis información:

Bótalle unha ollada á miña política de privacidade