Concursos 2018

Mellores imaxes do ceo galego 2018

  • Concurso á mellor imaxe do ceo galego 2018
    • As imaxes teñen que ser feitas cos pés en territorio galego e con data posterior a 1 de decembro de 2017.
    • A temática das imaxes poderá ser calquera relacionada cos obxectivos deste proxecto. Podes revisar as imaxes publicadas ao longo deste ano para facerte unha idea.
    • As imaxes serán enviadas ao correo fotos@ceosgalegos.com ou mediante o formulario da web.
    • As imaxes terán que respectar as mesmas condicións que as outras que se publiquen na web www.ceosgalegos.com. As que teñan a calidade axeitada serán publicadas nesta web acompañadas do respectivo texto didáctico, ao longo deste mes e do mes de decembro.
    • Todas as imaxes publicadas durante este ano e que verifiquen o resto de condicións deste concurso entrarán a formar parte do mesmo de xeito automático.
    • As imaxes non poderán ter sinatura nin ningunha marca de auga que permita identificalas tanto para o xurado como na votación popular.
    • Os arquivos enviados deberán ser dunha calidade mínima de 1024 x 768 píxeles ou similar. Pero o/a autor/a deberá conservar os orixinais (preferiblemente RAW) para posibles consultas posteriores.
    • No correo ou no formulario haberá que describir: medios técnicos empregados para realizar a foto, o procesado informático (de habelo), os elementos que se ven na foto, o lugar no que se tomou, a data e a hora.
    • O prazo de recepción será antes do 30 de novembro.
    • Cada autor/a poderá enviar un máximo de 5 imaxes. No caso de que xa teña imaxes publicadas durante este ano, poderá enviar ata 5 imaxes adicionais.
    • O xurado poderá consultar cos autores as circunstancias concretas dalgunha imaxe no caso de que haxa dúbidas sobre a súa realización.
    • O xurado estará formado por:
    • Haberá dúas categorías:
      • Imaxes con telescopio (ceo fondo).
      • Imaxes sen telescopio.
    • O propio xurado clasificará a imaxe na categoría máis axeitada.
    • Haberá un total de doce premios, seis por categoría:
      • Premio do xurado, con primeiro, segundo e terceiro clasificados para cada categoría. Poderá haber algunha mención especial pero sen premio se así o estima oportuno o xurado.
      • Premio do público, con primeiro, segundo e terceiro clasificados para cada categoría.
    • Non poderán participar as imaxes premiadas nos concursos das “Perseidas galegas 2018” nin en “Nubes galegas 2018”.
    • O xurado poderá declarar algún premio deserto.
    • Os autores finalistas (os tres primeiros clasificados) serán informados de xeito confidencial. O resultado final coñecerase durante a gala de entrega de premios que terá unha asistencia obrigatoria ou por delegación dos nominados/as.
    • O premio do público será a partires de votación realizada na web www.ceosgalegos.com. Entre os votantes rexistrados sortearase unha edición de Ceos Galegos 2019 autografada polos seus autores e unha invitación ao xantar do día da gala para 2 persoas. Sortearanse dous lotes.
    • A decisión do xurado será inapelable.
    • Os premios será entregado durante a gala Ceos Galegos 2018 o 16 de decembro de 2018 domingo 13 de xaneiro de 2019 no Parque Náutico de Castrelo (Castrelo de Miño, Ourense).
    • Calquera consulta ou conflito sobre o concurso será resolto polos organizadores.

Os premios:

    • Primeiro premio do xurado “Mellor Foto con Telescopio”:
    • Primer premio do xurado “Mellor Foto sen Telescopio”:
    • Primer premio do público “Mellor Foto con Telescopio” e “Mellor Foto sen Telescopio”:
    • Resto de premios: crearemos oito lotes para os segundos e terceiros clasificados tanto das categorías “con telescopio” e “sen telescopio”, votación do xurado e votación popular. Nestes lotes conterán repartiremos os seguintes regalos e doazóns:
      • 4 “Guías del cielo 2019” de ediciones Procivel.
      • Trípode Mod.TOKURA TANANARIVE SF-500  valorado en 53,00 €, doado por Óptica Val.
      • 3 vales desconto do 20% para Óptica Val-complementos (na rúa Sto. Domingo da Calzada, Santiago de Compostela, ou tendas do grupo con ese material).
      • Un vale por unha noite con almorzo para dúas persoas doado polo Hotel Piornedo.
      • Lotes de botellas de viño do Ribeiro, doados pola Asociación de Colleiteiros do Ribeiro.
      • Xantar para 2 persoas no Parque Náutico de Castrelo o día da gala.
      • Diploma acreditativo (contén unha imaxe facsimilar moi acaída), en cada lote.

Nubes galegas 2018

  • Concurso 4gotas á mellor fotografía de nubes:
    • As imaxes que teñan como motivo principal algunha/s nube/s. Poden incluír elementos da paisaxe, horizonte, monumento…
    • As imaxes serán enviadas ao correo fotos@ceosgalegos.com ou mediante o formulario da web ou por Twitter co cancelo #NubesGalegas e mencionando a @4gotas_com e @CeosGalegos.
    • As imaxes terán que respectar as mesmas condicións que as outras que se publiquen na web www.ceosgalegos.com.
    • Teñen que ser publicadas antes do 30 de novembro de 2018.
    • Os criterios para a elección da premiada serán, entre outros: tipo de nube, singularidade, composición…
    • O premio será a unha única imaxe e consistirá en:
      • regalo de 2 previsións meteorolóxicas personalizadas a realizar por 4 Gotas durante o ano natural 2019.
      • unha cea temática para 2 persoas no Parque Náutico de Castrelo (Castrelo de Miño, Ourense), en data e hora por concretar, durante unha fin de semana do mes de decembro.
      • a escolla da imaxe premiada será realizada por 4gotas, ao través dun concurso nas redes sociais que se comunicará no seu momento. De haber moitas imaxes publicadas realirase unha escolma das mellores polos integrantes de Ceos Galegos e 4 Gotas.
    • O xurado poderá declarar o premio deserto.
    • A decisión do xurado será inapelable.
    • O/A premiado será informado por correo electrónico e redes sociais.
    • O premio será entregado en lugar e hora que se concretará no mes de decembro de 2018.
    • Calquera consulta ou conflito sobre o concurso será resolto polos organizadores.

Perseidas galegas 2018

  • Concurso á mellor imaxe dos meteoros das perseidas de 2018
    • As imaxes teñen que rexistrar algún meteoro das perseidas deste ano 2018.
    • As imaxes serán enviadas ao correo fotos@ceosgalegos.com ou mediante o formulario da web.
    • As imaxes terán que respectar as mesmas condicións que as outras que se publiquen na web www.ceosgalegos.com.
    • O prazo de recepción será antes do 25 de agosto.
    • O xurado estará formado por Salvador Bará e Jorge Mira, ámbolos dous profesores da Universidade de Santiago de Compostela.
    • O premio será a unha única imaxe e consistirá en:
      • dous libros adicados polos seus autores: “E fíxose a luz!” de Salvador Bará e “A que altura está o ceo” de Jorge Mira.
      • unha cea temática para 2 persoas no Parque Náutico de Castrelo (Castrelo de Miño, Ourense), en data e hora por concretar, durante unha fin de semana do mes de decembro.
    • O xurado poderá declarar o premio deserto.
    • A decisión do xurado será inapelable.
    • O/A premiado será informado por correo electrónico e redes sociais.
    • O premio será entregado en lugar e hora que se concretará no mes de decembro de 2018.
    • Calquera consulta ou conflito sobre o concurso será resolto polos organizadores.