- “O día da lúa nova no mes de Hiyar foi avergoñado. O Sol púxose durante o día con Marte presente”. Ese é o texto que aparece nunha táboa de arxila que se atopou o século pasado nas ruínas da antiga Ugarit (unha cidade que estaba á beira do Mediterráneo na actual Siria). Tal ves esteamos diante da referencia máis antiga a unha eclipse de Sol, aínda que o debate segue aberto. O texto, en escritura cuneiforme, pode falar dunha eclipse; pode ser do 3 de maio de 1375 a.C. ou do de de marzo de 1223 a.C. aínda se discute polos expertos. Ref.: LITERARY AND ASTRONOMICAL EVIDENCE FOR A TOTAL ECLIPSE (…); J. F. A. SAWYER and F. E. STEPHENSON