O Ceo Galego con telescopio 2018

Vota ás fotos que queiras (tes que estar rexistrado) premendo o botón “gústame” e entra nos nosos sorteos. Faino antes das badaladas de fin de ano.

No propio título da imaxe aparece o nome do autor. A denominación “con telescopio” é arbitraria; referímonos ao equivalente a “ceo fondo” ou imáxenes que non se poden ollar a simple vista, sen a axuda de instrumentación.

As regras

soutez-fb-final-ENG-layersSó poderán votar usuarios rexistrados. O rexistro pode facerse directamente ou por medio da túa conta de FaceBook, Twitter ou G+.

Para que o teñas máis doado que o xurado, podes votar por todas as fotos que che gusten só con premer o botón "gústame". Iso si, só poderás votar unha vez á mesma foto.

Os premios

Entre os votantes rexistrados que voten sortearanse dous lotes de regalos que conteñen:

  • unha edición de Ceos Galegos 2019 autografada polos seus autores mailo editor
  • unha invitación ao xantar do día da gala de entrega de premios (prevista para o domingo 13 de xaneiro) para 2 persoas, cortesía do Náutico de Castrelo.
  • un lote de botellas de viño do Ribeiro de colleiteiros e adegueiros de Castrelo de Miño (Ourense)

Será imprescindible asistir á gala para gozar dos premios.

Os autores premiados recibirán os premios determinados nas bases do concurso.