Imaxes das nubes galegas 2018

Vota ás fotos que queiras (tes que estar rexistrado) premento o botón “gústame” e entra nos nosos sorteos. Faino antes das badaladas de fin de ano.

No propio título da imaxe aparece o nome do autor.

As regras

Só poderán votar usuarios rexistrados. O rexistro pode facerse directamente ou por medio da túa conta de FaceBook, Twitter ou G+.

Para que o teñas máis doado que o xurado, podes votar por todas as fotos que che gusten só con premer o botón “gústame”. Iso si, só poderás votar unha vez á mesma foto.

Os premios

Entre os votantes rexistrados que voten sortearanse dous lotes de regalos que conteñen:

  • unha edición de Ceos Galegos 2019 autografada polos seus autores mailo editor
  • unha invitación ao xantar do día da gala de entrega de premios (prevista para o domingo 13 de xaneiro) para 2 persoas, cortesía do Náutico de Castrelo.
  • un lote de botellas de viño do Ribeiro de colleiteiros e adegueiros de Castrelo de Miño (Ourense)

Será imprescindible asistir á gala para gozar dos premios.

Os autores premiados recibirán os premios determinados nas bases do concurso.

You are not logged in. To log in, use the information emailed after your first image upload!
Log In
Register