O editor
A coidada edición, os textos, a escolla das imaxes, a selección do estudo gráfico responsable e da imprenta correspóndelle a X. Dosi Veiga. Quizais sexa o editor que necesitaba un traballo coma este, pola súa implicación na difusión da astronomía e a súa relación co mundo galego da astronomía tanto profesional como amateur. Así, no seu currículum temos:
- redactor na revista AstronomíA – Magazine
- a dirección do equipo organizador de AstroGalicia: a festa galega das estrelas, nas súa 8 edicións desde 2008 ata hoxe, pasando polos concellos de Forcarei, Maceda, Boimorto, San Xoán de Río e Castrelo de Miño
- licenciado en física pola Universidade de Santiago de Compostela, coa especialización en física fundamental
- presente con comunicacións nas últimas tres edicións dos congresos estatais de astronomía
- responsable da tradución diaria ao galego da páxina da NASA Astronomical Picture Of the Day na web www.apodgalego.com
- socio de varias asociacións de afeccionados á astronomía
- membro da xunta directiva da Asociación Galega para a Comunicación e a Cultura Científica e Tecnolóxica
- presente en plataformas e redes de loita contra a contaminación luminosa
O deseñador
Miguelanxo Carvalho de Blau Estudio de deseño gráfico é o responsable da maquetación, deseño gráfico e o acabado final do #CeosGalegos19.
Os fotógrafos
- Fins Eirexas,
- Enrique García,
- Alejandro Nieto,
- Alfredo Madrigal,
- Óscar Blanco,
- Noa Táboas,
- José Carlos Castro,
- Ángel D. R. Arós,
- Pablo J. Martínez Alemparte