Mercar #CeosGalegos19

[su_row]
[su_column size=”1/2″ center=”no” class=””]

Se o queres recibir directamente na túa casa, se non hai ningún punto de venta próximo ao teu fogar ou simplemente prefires compralo directamente, podes cubrir o formulario desta ligazón. As condicións xerais son:

  • prezo unitario de 20 euros, pero cun pedido mínimo de 2 unidades. Así, os gastos de envío sáenche de balde. Se queres só unha unidade deberás acudir a algunha das librarías da rede.
  • prazo de entrega antes das 19:00 do día seguinte á solicitude (de facela antes das 12:00), de luns a venres, en Galicia, un día máis no resto do estado
  • pagamento trala recepción do pedido (por transferencia bancaria)
  • envíos a Galicia, España (agás Canarias, Ceuta e Melilla) e Portugal incluído no prezo. Envíos a toda Europa, consultar custes de envío
  • envíos só a enderezos físicos, non se admite envío a apartados de correos

En breve contaremos con cesto da compra e posibilidades de pagamento por Paypal.

Podes consultar as condicións completas de envío e/ou facer xa o teu pedido de calendarios.

[/su_column]
[su_column size=”1/2″ center=”no” class=””]

Listado de librarías

Estamos a ampliar os puntos de venda por toda Galicia. Estes son os lugares nos que xa dispós do Calendario Astronómico #CeosGalegos19 #GalicianSkies19. En todas hai un exemplar ao teu dispor para ver, tocar e admirar. Na maioría faremos presentacións en directo; consulta con eles.

Non hai ningunha preto de ti? Dille ao teu libreiro que fale connosco ou pídeo nesta web.

Tes unha libraría e queres participar deste proxecto? Cubre o noso formulario de librarías e recibirás o primeiro pedido ao día seguinte, xunto cun cartel para o escaparate e un calendario de balde para expoñer. O material entrégase en depósito ata o remate da campaña de Nadal, a primeiros de xaneiro. Pide as condicións completas por correo electrónico.

[/su_column]
[/su_row]