Regras e premios
Poderán participar as imaxes que capturen algún ronsel das perseidas do ano 2019 e que sexan feitas en Galicia. As imaxes deberán ser enviadas antes do 3 de setembro. Só poderán participar imaxes enviadas polo seu autor mediante este formulario. Todas as imaxes participarán na votación do do público, mediante votación nesta web, e no premio á mellor imaxe #PerseidasGalegas19, con xurado profesional. Todas as condicións do concurso #PerseidasGalegas19 na ligazón.
Os usuarios rexistrados poderán votar ás mellores imaxes entre os días 28 de agosto e 9 de setembro de 2019. O rexistro é de balde. Entre os usuarios rexistrados que voten á mellor imaxe das perseidas sortearemos:
- xantar ou cea temática para dúas persoas no restaurante do Náutico de Castrelo o día da Gala Ceos Galegos 2019 (data por determinar entre decembro de 2019 e xaneiro 2020)
- unha inscrición básica de balde en AstroGalicia: a festa galega das estrelas (do 11 ao 13 de outubro de 2019)
- unha caixa de "pastas de estrelas" (que será entregada o propio día da gala)
O sorteo realizarase durante a semana seguinte ao peche da votación. Será anunciado 24 horas antes nas redes sociais de @CeosGalegos. Non admitirán reclamacións posteriores a este anuncio. O premiado será informado por correo electrónico (no caso de que o aporte no momento do rexitro) ou mediante as nosas redes sociais (se empregou o seu perfil de rede social para votar). Terá un prazo de 48 horas para aceptar o premio e identificarse aos editores do proxecto Ceos Galegos. En caso contrario procederemos a un segundo e último sorteo entre os votantes rexistrados.