Premios do público

  • Para votar como púbico é necesario rexistrarse no sistema como usuario. O rexistro é de balde.
  • O público pode votar tantas imaxes como queira de todas as categorías. Pero só poderá votar unha vez por cada imaxe.
  • O prazo de votación do público comeza o 23 de decembro e remata o 5 de xaneiro ás 23:30.
  • Entre todos os votantes do público sortearemos 5 lotes de produtos:
    • Lote 1 e 2: un exemplar de #CeosGalegos20 #GalicianSkies20, con todas as imaxes autografadas polos seus autores, pase para 2 persoas para a gala de entrega de premios o 19 de xaneiro en Castrelo de Miño (Ourense), un lote de #AstroBolachas. Os produtos serán entregados no mesmo día da gala.
    • Lote 3, 4 e 5: un exemplar de #CeosGalegos20 #GalicianSkies20, con todas as imaxes autografadas polos seus autores, entrada de balde a #AstroGalicia20 que terá lugar entre o 10 e 12 de outubro en Castrelo de Miño (matrícula e invitación á AstroCea) e un lote de #AstroBolachas. Serán enviador por servizo de mensaxería a finais do mes de xaneiro.
    • O sorteo será realizado mediante sistema automatizado na web www.randorium.com. Os usuarios serán anonimizados e haberá un prazo de 48 horas para que os votantes poidan comprobar que os seus nomes están no “bombo virtual”. Os gañadores terán que poñerse en contacto connosco antes de 48 horas desde que se fagan públicos os premios. En caso contrario, perderán o dereito aos mesmos.
    • En ningún caso se poderán trocar os lotes polo seu valor económico.
    • Todo o proceso será supervisado por Manuel Vicente (programa Efervesciencia da Radio Galega) e X. Dosi Veiga (editor de Ceos Galegos e secretario dos premios do xurado).
  • O sistema ten protección de voto por IP. Non se permite votar á mesma persoa con contas de usuario diferentes. De detectarse serán anulados.
  • Os/As autores/as poden votar polas súas propias imaxes e poderán facer campañas de promoción do voto.