A lente de diamante, Fitz-James O’Brien

Obra de fantasía cargada de amor pola ciencia. O autor tivo que se documentar a eito, un feito que é posible constatar nas diversas alusións a múltiples personaxes e invencións da época. Incluso se atreveu a especular, dun xeito tan atractivo coma delirante, sobre o descoñecido mundo microscópico e os seres minúsculos que nel habitarían. Fíxoo con sutileza, bosquexando unha trama que avanza con fluidez e gracilidade, mesmo nas pasaxes que na teoría poderían resultar as máis complexas, é dicir, nas de corte psicolóxico.

5,77

Hai existencias

5/5
Categoría:

Descripción

Autor: Fitz-James O’Brien. Tradutor: Alejandro Tobar

A lente de diamante é unha obra de fantasía cargada de amor pola ciencia; así se explica que, para a súa elaboración, o escritor Fitz-James O’Brien tivese que se documentar a eito, un feito que é posible constatar nas diversas alusións a múltiples personaxes e invencións da época. Para esta historia, o autor atreveuse a especular, dun xeito tan atractivo coma delirante, sobre o descoñecido mundo microscópico e os seres minúsculos que nel habitarían. Fíxoo con sutileza, bosquexando unha trama que avanza con fluidez e gracilidade, mesmo nas pasaxes que na teoría poderían resultar as máis complexas, é dicir, nas de corte psicolóxico.

A capacidade, mesmo poética, do autor irlandés para crear atmosferas torna evidente neste longo relato nimbado de inquietude e desconcerto. O lector gozará con este texto pre-cursor da ciencia ficción e do surrealismo, publicado orixi-nalmente pola revista norteamericana The Atlantic Monthly en 1858, e que na actualidade está considerado a obra cumio de O’Brien.

Colección: Vólvense os paxaros contra as escopetas

Temática: ciencia ficción

Lingua de orixe: inglés

ISBN: 978-84-942005-3-3

Século de publicación: XIX

Encuadernación: rústica con lapelas

Formato: 20 x 13,5 cm

Páxinas: 52

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “A lente de diamante, Fitz-James O’Brien”