A viaxe subterránea, Niels Klim Ludvig Holberg

A viaxe subterránea de Niels Klim é, en multitude de aspectos, unha prima carnal de As viaxes de Gulliver (1726) do británico Jonathan Swift. Así mesmo, forma parte do selecto conxunto de obras que inspiraron a ciencia ficción e a fantasía modernas. Cabe sinalar, como curiosidade, que moi probablemente Tolkien se inspirou nesta peza para crear a raza dos Ents na súa magna obra O Señor dos Aneis.

O autor non quería publicar a obra e só accedeu a que se fixera no estranxeiro e baixo pseudónimo. Temía as críticas dos académicos.

15,00

Hai existencias

5/5
Categoría:

Descripción

Autor: Ludvig Holberg. Tradutor: Alfonso Blanco.

Ludvig Holberg non quería publicar A viaxe subterránea de Niels Klim: temía as críticas iradas que lle puidesen chegar dende os ambientes académicos de Copenhaguen, como xa lle acontecera coas súas comedias. Ao cabo, consentiu en publicar a novela, a condición de que fose no estranxeiro e baixo pseudónimo; tal aconteceu en 1741. O autor escandinavo deixou escrito que, pola súa pedagoxía, se trataba dunha «novela filosófica».

Baseándose na ficción, Holberg quixo compendiar nela a súa filosofía moral e, ao tempo, pretendeu construír un sistema ético proveitoso para o xénero humano. A narración alicérzase na sátira e no humor, trazos que o escritor deprendeu dos clásicos latinos, da commedia dell’arte italiana e das obras de Molière; un bo exemplo disto é o contraste entre os costumes dos seres do mundo subterráneo e os habitantes da superficie.

A viaxe subterránea de Niels Klim é, en multitude de aspectos, unha prima carnal de As viaxes de Gulliver (1726) do británico Jonathan Swift. Así mesmo, forma parte do selecto conxunto de obras que inspiraron a ciencia ficción e a fantasía modernas. Cabe sinalar, como curiosidade, que moi probablemente Tolkien se inspirou nesta peza para crear a raza dos ents na súa magna obra O señor dos aneis.

A edición inclúe unha Guía de Lectura, con algunhas claves para ler a obra; documento elaborado por Alfonso Blanco Quintela

Colección: colección Principal

Temática: ciencia ficción, grandes clásicos, nórdica

Lingua de orixe: latín

ISBN: 978-84-945403-8-7

Século de publicación: XVIII

Encuadernación: rústica con lapelas

Formato: 20 x 13,5 cm

Páxinas: 308

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “A viaxe subterránea, Niels Klim Ludvig Holberg”