AstroGalicia 2025, a festa galega das estrelas

Se queres inscribirte na AstroGalicia25: a festa galega das estrelas debes mercar este produto e cubrir os datos que se che piden. A inscrición permitirá que asistas aos obradoiros ou aos seminarios que están programados (consulta o programa oficial), que serán escollidos no momento de chegar ao lugar das actividades. Os socios de entidades patrocinadores e os/as veciños/as de Arzúa tedes desconto na inscrición, se marcades o recadro correspondente “É socio”. Abrirase un despregabre onde poderás seleccionar a túa asociación ou se es veciño/a de Arzúa. (Prezo normal: 29 €. Prezo socios/as ou veciños/as: 20 €).

Podes reservar tamén os xantares oficiais do sábado e/o o domingo (25 € por persoa) e o aloxamento (dúas calidades diferentes, 19 € ou 75 € por persoa e noite). Se vas compartir habitación con alguén, debes indicalo nesta mesma reserva. Se reservas tamén para algunha persoa que non durme, marca a opción correspondente. Tamén podes non elixir aloxamento.

As reservas de aloxamento estará activa ata o 30 de novembro. Despois desa data xa non podemos xestionalo, pero poderás procuralo pola túa conta. Hai moita oferta en Arzúa (aínda que moita pecha por estas datas). Recomandamos como o máis asequible o Albergue 3 Abetos, que está aberto.

Este produto non ten opcións de reserva configuradas.

Valorado con 5 de 5
Categoría:

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “AstroGalicia 2025, a festa galega das estrelas”