Descripción
Xantar do sábado 21, co resto de inscritos en AstroGalicia. Será en Casa Chelo, dos poucos locais que teñen capacidade abondo para nos atender a tantos/as. Se encargas por varias persoas indica os nomes de todos no carriño, nas “notas de compra”, para levar nós un control dos asistentes.
Este produto inclúe:
- o menú contratado (varios primeiros a compartir e un segundo a escoller, carne ou peixe)
- auga ou viño (resto de bebidas serán pagadas por cada un)
- sobremesa e café
Lembra que tamén tes que “mercar” o produto da inscrición en AstroGalicia 24 (e cubrindo o formulario que alí se indica), tantas unidades como persoas vaiades compartir o cuarto. Ademais podes reservar aloxamento en albergue ou hostal dos dous días co resto dos inscritos.
IVE do 10% non incluído
Reseñas
Aínda non hai valoracións.