Descripción
Paquete de 2 kg de noces galegas das terras do Riós (Ourense). De nogueiras nacidas, criadas e froitos recolectados baixo os ceos galegos. Estas noces son máis pequenas e algo máis feas que as de California. Pero teñen algo diferente: sabor.
As noces son secadas varios días baixo o sol ourensán, ao aire libre, e contan cun lixeiro afumado exterior para terminar a súa curación. A produción é moi limitada. No caso de estar esgotado, podes reservar e recibirás nunha semana aproximadamente.
Limitamos a merca a 1 paquete por pedido.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.