Description
Lote de 14 imaxes en tamaño postal. Cunha altura de 12 cm, o máximo legal. E unha anchura variable en función da imaxe, co fin de respectar ao máximo o encadre do fotógrafo/a. No calendario #CeosGalegos22 aparecen recortadas en proporción 2×1. Podes consultar o catálogo completo con todas as series (18 MB). Se desexas exemplares individuais envíanos un correo indicando cantas queres e que modelos; miraremos se é posible.
As AstroPostais teñen un número de serie para facilitar a súa colección. No reverso aparece tamén o lugar da imaxe e o seu autor. Esta é a listaxe. Se o título ten unha ligazón leva á paxina do blogue na que se publicou esa imaxe polo miúdo.
- Portada (O’Fins). O ceo nocturno ao través da furna de Osmo (Corme).
- Contraportada Borja (Rial Pereira). Muíños do Folón e do Picón (O Rosal, Pontevedra).
- Xaneiro (Soraya Sampedro Bores). Capela da Virxe do Porto e faro de punta Frouxeira en Meirás (Valdoviño, A Coruña).
- Febreiro (Nicolás Sisto López). Nebulosas da Mosca, da Araña, dos Cágados e da Estrela Flamexante, cúmulos abertos M36 e M38 desde Estacas (Ares, A Coruña).
- Marzo (Aleixandrus. Cidade da Cultura (Santiago de Compostela).
- Abril (Amiek). Miradoiro da Pena do Castelo en Doade (Lugo).
- Maio (Borja Rial Pereira). Praia de Augas Santas ou das Catedrais (Ribadeo, Lugo).
- Xuño (Aleixandrus). Loairas no solpor en Carril (Vilagarcía de Arousa, Pontevedra).
- Xullo (O’Fins). Coído de Touriñán (Muxía, A Coruña).
- Agosto (Francisco José Fernández Gómez). O Sol cun filtro H-alfa desde Ourense.
- Setembro (José Camilo López Pérez). A Vía Láctea, Xúpiter e a galaxia de Andrómeda sobre o encoro de Vilasouto (O Incio, Lugo).
- Outubro (Julián D. Martínez). Praza de Fefiñáns (Cambados, Pontevedra).
- Novembro (Kikeflash). Panorámica sobre o monte Seixo (A Lama, Pontevedra).
- Decembro (Soraya Sampedro Bores). As torres Hejduk da Cidade da Cultura (Santiago de Compostela).
Reviews
There are no reviews yet.