Descripción
Crebacabezas número 2: a nebulosa da trompa de Elefante.
Un puzzle ou crebacabezas de 1000 pezas, coa imaxe da nebulosa da trompa de Elefante, unhas das escollidas na edición #CeosGalegos22. Unha imaxe nocturna e atemporal de ceo fondo, tirada con telescopio desde a terra de Ares (A Coruña) por Niko Sisto, un dos nosos colaboradores. Unha imaxe que amosa zonas de formación estelar, un colorido espectacular e toda a fermosura do universo ao noso alcance. Para coleccionar, para xogar individualmente ou en familia.
É un produto exclusivo da nosa tenda e en edición moi limitada. Non se pode adquirir en librarías. No caso de se esgotar podes reservalo.
As características destes crebacabezas son:
- Idade: de 9 a 109 anos
- 1000 pezas de cartón, o acabado tradicional
- Medidas unha vez montado: 69 x 49 cm
- Medidas das pezas: 2 x 1,8 cm
- En caixa personalizada coa mesma foto
- Incluímos de regalo unha AstroPostal coa imaxe para que vos sirva de guía
- Produto ecolóxico: pezas e caixas de cartón reciclado, coas certificacións PEFC e FSC
Reseñas
Aínda non hai valoracións.