CeosGalegos22 e envío ao Mundo

O noso calendario en formato mural incluíndo o envío de 1 exemplar a países do resto do Mundo (fóra da Unión Europea). Sabes que é #CeosGalegos22?

32,00

5/5
Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on email
Categoría:

Descripción

O noso calendario en formato mural incluíndo o envío de 1 exemplar a países de fóra da Unión Europea. Por exemplo, ao Reino Unido, aos Estados Unidos ou a Australia. Se tes dúbidas de se o país de destino ten cobertura con este servizo consúltanos sen compromiso.

Sabes que é #CeosGalegos22? Unha proposta de imaxe con 15 fermosas imaxes do ceo nocturno feitas en Galicia, con textos de Jorge Mira e poesías de Estíbaliz Espinosa, en forma de calendario.

A compra deste produto inclúe 1 exemplar que será enviado a calquera país do resto do Mundo polo servizo de Correos. Se queres envialo á Unión Europea ou en España/Portugal temos servizos máis axeitados. O produto irá enrolado, polo que só recomendamos incluír un único exemplar. Se queres acompañalo dunha carta podes enviarnos o texto por correo electrónico e a imprimiremos sen custe (1 folla máximo). Enviaremos un número de seguimento por correo electrónico, xa que se trata dunha entrega certificada. No caso de que inclúas este produto na túa cesta indícanos nas “Notas do pedido” que aparecerán na cesta da compra onde queres envialo, incluíndo o teléfono do destinatario (se non o tes incluiremos o teu no envío de Correos). Non garantimos tempo de entrega (adoita ser entre 2 e 3 semanas).

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “CeosGalegos22 e envío ao Mundo”