CeosGalegos22

Formato mural, 50 cm de anchura para admirar a fermosura do noso ceo ao través de 15 imaxes marabillosas. Todas feitas cos pés no país, por 15 fotógrafos/as que figuran entre os mellores especialistas en fotografía nocturna e astronómica.

NOVIDADES: unha lámina adicional, tradución ao inglés e castelán, textos de Jorge Mira e poesías de Estíbaliz Espinosa.

5,79

Hai existencias

5/5
Identificador: 10001-2 Categoría: Etiquetas: , , ,

Descripción

Formato mural, 50 cm de anchura para admirar a fermosura do noso ceo ao través de 15 imaxes marabillosas. Todas feitas cos pés no país, por 142 fotógrafos/as que figuran entre os mellores especialistas en fotografía nocturna e astronómica. Estas son as imaxes da edición 2022. Na sección hemeroteca tes as edicións antigas.

  • Portada (Aleixandrus). Circumpolar na catedral de Santiago de Compostela.
  • Contraportada (Eduardo Rivera). Brétema sobre o Pico Sacro e Santiago de Compostela.
  • Lámina índice (Niko Sisto). A nebulosa da Trompa de Elefante desde Ares (A Coruña).
  • Xaneiro (Alfredo Madrigal). Ardora e faro de Cabo Home (Cangas, Pontevedra).
  • Febreiro (Óscar Blanco). Neve en Pena Trevinca (A Veiga, Ourense).
  • Marzo (Julio Castro Pardo). Xúpiter e Vía Láctea sobre a Pena Cabalgada (Dumbría, A Coruña).
  • Abril (O’Fins). Lúa en cuarto crecente desde Santiago de Compostela.
  • Maio (Kikeflash). Xúpiter, Saturno e a Vía Láctea sobre a torre de Sande (Cartelle, Ourense).
  • Xuño (Marcos Gestal). A ardora na praia de Rebordelo (Cabana de Bergantiños, A Coruña).
  • Xullo (José Camilo López Pérez). Perseida e Vía Láctea desde o miradoiro de Amandi (Sober, Lugo).
  • Agosto (Niko Sisto). A nebulosa do Crecente desde Ares (A Coruña).
  • Setembro (Raposo). Circumpolar sobre o castelo de Pambre (Palas de Rei, Lugo).
  • Outubro (Juan M. Galiñanes). Vía Láctea sobre o faro de punta Nariga (Malpica de Bergantiños, A Coruña).
  • Novembro (Iago de la Fuente). Vía Láctea e o río negro desde Fecha (Santiago de Compostela).
  • Decembro (Noa Táboas). Vía Láctea sobre o faro de Fisterra (A Coruña).

A edición 2022 ten dous tipos de textos acompañando a cada imaxe: un texto explicativo escrito por Jorge Mira e unha poesía de Estíbaliz Espinosa. Os #CeosGalegos22 son así un produto de cultura transversal, unindo arte, ciencia e literatura. Como novidade deste ano, unha lámina adicional que inclúe unha copia índice de todas as imaxes coas traducións dos textos ao inglés e o castelán.

A edición do noso calendario permite manter o proxecto da web e a divulgación científica que facemos nas redes sociais.

 

Info adicional

Características técnicas

  • portada e contraportada cos créditos
  • directorio de entidades astronómicas e científicas galegas
  • 16 páxinas para os meses e cartón protector
  • lámina índice cos textos en inglés e castelán
  • impresión en estucado mate de 200 g con lacado protector mate, cun cartón base de 300 g, encuadernación wire-o e colgador de parede
  • tamaño de 48 x 34 cm, coas fotografías a sangue ocupando máis das tres cuartas partes do papel
  • efemérides astronómicas galegas e fases lunares
  • presentación a mes visto, con espazo para anotacións en cada día
  • envío incluído a todo a península

1 valoración en CeosGalegos22

  1. Dosi Veiga
    5 out of 5

    Sevein

    Non podo dicir que foto me gusta mais porque estou na
    fase de asombro e apampamiento! Son todas marabillosas!

    Moitas gracias por tanta beleza.

Engadir unha valoración