CeosGalegos23

Formato mural, 50 cm de anchura para admirar a fermosura do noso ceo ao través de 14 imaxes marabillosas. Todas feitas cos pés no país, por 7 fotógrafos/as que figuran entre os mellores especialistas en fotografía nocturna e astronómica. Pedido mínimo de 2 exemplares, con descontos progresivos para maiores cantidades. Aproveita e pide tamén un lote de #AstroBolachas, #AstroPostais ou a versión mini de escritorio.

 

7,26

Hai existencias (pode reservarse)

5/5
Identificador: 10001-23 Categorías: , Etiquetas: , , , , , , ,

Descripción

Formato mural, 50 cm de anchura para admirar a fermosura do noso ceo ao través de 14 imaxes marabillosas. Todas feitas cos pés no país, por 7 fotógrafos/as que figuran entre os mellores especialistas en fotografía nocturna e astronómica. Estas son as imaxes da edición 2023. Na sección hemeroteca tes as edicións antigas.

  • Portada (O’Fins). O ceo nocturno ao través da furna de Osmo (Corme).
  • Contraportada Borja (Rial Pereira). Muíños do Folón e do Picón (O Rosal, Pontevedra).
  • Xaneiro (Soraya Sampedro Bores). Capela da Virxe do Porto e faro de punta Frouxeira en Meirás (Valdoviño, A Coruña).
  • Febreiro (Nicolás Sisto López). Nebulosas da Mosca, da Araña, dos Cágados e da Estrela Flamexante, cúmulos abertos M36 e M38 desde Estacas (Ares, A Coruña).
  • Marzo (Aleixandrus. Cidade da Cultura (Santiago de Compostela).
  • Abril (Amiek). Miradoiro da Pena do Castelo en Doade (Lugo).
  • Maio (Borja Rial Pereira). Praia de Augas Santas ou das Catedrais (Ribadeo, Lugo).
  • Xuño (Aleixandrus). Loairas no solpor en Carril (Vilagarcía de Arousa, Pontevedra).
  • Xullo (O’Fins). Coído de Touriñán (Muxía, A Coruña).
  • Agosto (Francisco José Fernández Gómez). O Sol cun filtro H-alfa desde Ourense.
  • Setembro (José Camilo López Pérez). A Vía Láctea, Xúpiter e a galaxia de Andrómeda sobre o encoro de Vilasouto (O Incio, Lugo).
  • Outubro (Julián D. Martínez). Praza de Fefiñáns (Cambados, Pontevedra).
  • Novembro (Kikeflash). Panorámica sobre o monte Seixo (A Lama, Pontevedra).
  • Decembro (Soraya Sampedro Bores). As torres Hejduk da Cidade da Cultura (Santiago de Compostela).

A edición 2023 ten dous tipos de textos acompañando a cada imaxe: un texto explicativo escrito por Jorge Mira e unha poesía de Estíbaliz Espinosa ou doutro/a autor/a que ela seleccionou. Os #CeosGalegos23 son así un produto de cultura transversal, unindo arte, ciencia e literatura. Como novidade deste ano, a contraportada é unha imaxe dupla estricada ao longo de dúas páxinas; espectacular.

A edición do noso calendario permite manter o proxecto da web e a divulgación científica que facemos nas redes sociais.

 

Info adicional

Características técnicas

  • portada e contraportada cos créditos
  • directorio de entidades astronómicas e científicas galegas
  • 16 páxinas para os meses e cartón protector
  • lámina índice cos textos en inglés e castelán
  • impresión en estucado mate de 200 g con lacado protector mate, cun cartón base de 300 g, encuadernación wire-o e colgador de parede
  • tamaño de 48 x 34 cm, coas fotografías a sangue ocupando máis das tres cuartas partes do papel
  • efemérides astronómicas galegas e fases lunares
  • presentación a mes visto, con espazo para anotacións en cada día
  • envío incluído a todo a península

Nas librarías

A rede amiga está formada por librarías e papelarías nas que podes atopar a edición de cada ano de #CeosGalegos entre os meses de novembro e febreiro. Coa súa compra axudas a manter este proxecto, a web, os nosos concursos, os premios.
  • Santiago de Compostela
    • Libraría Couceiro, praza de Cervantes, 6 de Santiago de Compostela. Tel.: 981 58 62 37.
    • Cronopios, na rúa Alfredo Brañas, 24 de Santiago de Compostela. Tel.: 881 973 528.
    • Lila de Lilith, Rúa Travesa, 7, baixo 15704 Santiago de Compostela. Tel.: 981 57 14 69.
    • Númax, na rúa de Concepción Arenal, 9. 15702 Santiago de Compostela. Tel.: 981 560 250.
    • Óptica Val – instrumentos ópticos, na rúa Santo Domingo da Calzada, de Santiago de Compostela. Tel.: 981 93 55 53.
    • Gallaecia Liber, na rúa Ramón Cabanillas, 8 de Santiago de Compostela. Tel.: 981590556.
    • Librería Mayso, na Rosalía de Castro, 23 – baixo de Santiago de Compostela. Tel.: 981594373.
    • Librería Palacios, na rúa Triacastela, 3 (esquina Av. Lugo) de Santiago de Compostela. Tel.: 981580786.
  • Vigo:
    • Nobel – espacio lector, na Gran Vía, 184 de Vigo. Tel.: 986 231 892.
    • Librería Versus, na rúa Venezuela, 80 de Vigo. Tel.: 986 42 02 23.
    • Libraría Cartabón, en Urzaiz, 125 de Vigo. Tel.: 986 372 883.
    • Libraría Mendinho, na Av. Castelao, 7 de VIGO. Tel.: 986296702.
    • Hobbit Librería, na rúa Teixugueiras, 32 de Vigo. Tel.: 986113404.
    • PapyRo, na rúa Teixugueiras, 11 de Vigo. Tel.: 886135435.
    • Librería Domapa na Av. do Fragoso, 51 de Vigo.
    • Sacapuntas Papelería y Librería, na rúa Francisco Pi y Margall, 101 de Vigo.
    • Librería Gándal, na rúa Pracer, 12 de Vigo.
    • Anacos de Leria na Av. Ramón Nieto, 432 (Cabral) de Vigo.
    • Librería Cativos, na Travesía de Vigo, 165 de Vigo. Tel.: 635507666.
    • A Pita Cega, na rúa Jenaro de la Fuente, 18 de Vigo. Tel.: 986279371-986192290.
  • Pontevedra (provincia):
    • Libraría Viláfer, na Rúa Real, 13. 36940 – Cangas do Morrazo. Tel.: 986 30 02 33.
    • Nobel – espacio lector, na rúa Edelmiro Trillo, 19 de Vilagarcía de Arousa. Tel.: 986 501 475.
    • Nobel – espacio lector, na av. Vilariño, 4 de Cambados. Tel.: 986 521 111.
    • Libraría Miranda, na rúa Pazos Fontenla, 35, 36930 de Bueu. Tel.: 986 320 504.
    • Libraría Ler, na Av. Galicia, 16, 36780 da Guarda.
    • Espazo Lector Nobel, na rúa Alcalde Xacobe Barral Otero, 5-36980 O Grove. Tel.: 886 208 046.
    • Librería Arte e Ciencia, na avenida de Peinador, 85. 36417 – Torroso, Mos. Tel.: 986 486 192.
    • Librería Molière, en Pai Crespo nº1. 36800 -Redondela. Tel.: 986 40 47 54.
    • Librería Vernet, na rúa Carabela Pinta, 15. 36300 – Baiona. Tel.: 986 35 60 43.
    • Librería-Papelería ideas, na rúa Ramón Franco 22, baixo 5. O Rosal. Tel.: 986 62 55 60.
    • Librería-Papelería ideas, na rúa Galicia, 45 da Guarda. Tel.: 886 156 236.
    • Librería Alborada, na rúa Concepción Arenal 112 de Moaña. Tel.: 986311245.
    • La Papelería na rúa Concepción Arenal, 270 de Moaña. Tel.: 986071715.
    • PintaLetras, na rúa Castelao, 6 da Estrada. Tel.: 682251320.
    • Librería Abrente, na rúa de Montero Ríos, 167 de Bueu.
    • Librería Nobel de Marín, na rúa Jaime Janer, 4 de Marín. Tel.: 886 905 597.
  • Madrid:
    • Librería Lita Hormiguita, calle Artajona, 11. 28039 – Madrid. Tel.: 910 61 56 26.
Non hai ningunha preto de ti? Dille ao teu libreiro que fale connosco. Tes unha libraría e queres participar deste proxecto? Cubre o noso formulario de librarías e formarás parte da nosa rede para a campaña #CeosGalegos22, xunto cun cartel para o escaparate e un calendario de balde para expoñer. O material entrégase en depósito ata o remate da campaña de Nadal, ao longo do mes de febreiro.

2 valoracións en CeosGalegos23

  1. Dosi Veiga

    Celia

    gracias por editar cosas tan bellas

  2. 5 out of 5

    C.

    Tan fantásticos como sempre, a miña preferida deste ano o sol de agosto, completamente abraiante. Os textos de Estibaliz & cia son agarimosos, cada vez gústanme máis.

Engadir unha valoración