CeosGalegos25

Formato mural, 50 cm de anchura para admirar a fermosura do noso ceo ao través de 14 imaxes marabillosas. Todas feitas cos pés no país, por 12 fotógrafos/as que figuran entre os mellores especialistas en fotografía nocturna e astronómica. Pedido mínimo de 2 exemplares, con descontos progresivos para maiores cantidades. Aproveita e pide tamén un lote de #AstroBolachas, #AstroPostais ou algún dos nosos libros.

 

33,06

Hai existencias (pode reservarse)

5/5

Descripción

Formato mural, 50 cm de anchura para admirar a fermosura do noso ceo ao través de 14 imaxes marabillosas. Todas feitas cos pés no país, por 12 fotógrafos/as que figuran entre os mellores especialistas en fotografía nocturna e astronómica. Estas son as imaxes da edición 2024. Na sección hemeroteca tes as edicións antigas.

  • Capa: a nebulosa da Augamar de Nicolás Sisto (Estacas – Ares, A Coruña)
  • Contracapa despregable: a Porta da Ledicia de Borja Rial Pereira (Nogueira de Ramuín)
  • Xaneiro: O Petón do Con Negro de Juan Manuel Galiñanes Rebouza (O Grove)
  • Febreiro: halo solar sobre a Torre de San Sadurniño de Julián Daniel Martínez (Cambados)
  • Marzo: circumpolar sobre a Praia de Nerga de Juan Manuel Galiñanes Rebouza (Cangas)
  • Abril:Dolmen da Pedra Moura de Drewkorme (Aldemunde, Carballo)
  • Maio: aurora boreal sobre o Alto do Chan das Lagoas de Fins Eirexas (Dumbría)
  • Xunho:  Castro Sobredo de Miguel Iglesias (Folgoso do Courel)
  • Xullo: Rexión Central de Orión de Aleixandrus (Santiago de Compostela)
  • Agosto: mar de Ardora e Vía Láctea desde a praia de Carnota de Javier Rodríguez Praia (Carnota)
  • Setembro: o solpor desde a Punta Robaleira de Lara Martínez García (Hío, Cangas)
  • Outubro: Monte Páramo de José Camilo López Pérez (Páramo e Sarria)
  • Novembro: Flora endémica Santolina melidensis coa Vía Láctea Fins Eirexas (Barazón, Santiso)
  • Decembro: Casola do Foxo de Javier Rodríguez Mámoa (Muíños, Ourense)

A edición 2025 ten dous tipos de textos acompañando a cada imaxe: un texto explicativo escrito por Jorge Mira e unha poesía de Estíbaliz Espinosa ou doutro/a autor/a que ela seleccionou. Os #CeosGalegos25 son así un produto de cultura transversal, unindo arte, ciencia e literatura. Como novidade deste ano, a contraportada é unha imaxe dupla estricada ao longo de dúas páxinas; espectacular.

NOVIDADE: unha folla índice onde explicamos os datos técnicos de cada unha das imaxes.

A edición do noso calendario permite manter o proxecto da web e a divulgación científica que facemos nas redes sociais.

Info adicional

Características técnicas

  • portada e contraportada cos créditos
  • directorio de entidades astronómicas e científicas galegas
  • 16 páxinas para os meses e cartón protector
  • lámina índice cos textos en inglés e castelán
  • impresión en estucado mate de 200 g con lacado protector mate, cun cartón base de 300 g, encuadernación wire-o e colgador de parede
  • tamaño de 48 x 34 cm, coas fotografías a sangue ocupando máis das tres cuartas partes do papel
  • efemérides astronómicas galegas e fases lunares
  • presentación a mes visto, con espazo para anotacións en cada día
  • envío incluído a todo a península

Nas librarías

A rede amiga está formada por librarías e papelarías nas que podes atopar a edición de cada ano de #CeosGalegos entre os meses de novembro e febreiro. Coa súa compra axudas a manter este proxecto, a web, os nosos concursos, os premios.
  • Santiago de Compostela
    • Libraría Couceiro, praza de Cervantes, 6 de Santiago de Compostela. Tel.: 981 58 62 37.
    • Cronopios, na rúa Alfredo Brañas, 24 de Santiago de Compostela. Tel.: 881 973 528.
    • Lila de Lilith, Rúa Travesa, 7, baixo 15704 Santiago de Compostela. Tel.: 981 57 14 69.
    • Númax, na rúa de Concepción Arenal, 9. 15702 Santiago de Compostela. Tel.: 981 560 250.
    • Óptica Val – instrumentos ópticos, na rúa Santo Domingo da Calzada, de Santiago de Compostela. Tel.: 981 93 55 53.
    • Gallaecia Liber, na rúa Ramón Cabanillas, 8 de Santiago de Compostela. Tel.: 981590556.
    • Librería Mayso, na Rosalía de Castro, 23 – baixo de Santiago de Compostela. Tel.: 981594373.
    • Librería Palacios, na rúa Triacastela, 3 (esquina Av. Lugo) de Santiago de Compostela. Tel.: 981580786.
  • Vigo:
    • Nobel – espacio lector, na Gran Vía, 184 de Vigo. Tel.: 986 231 892.
    • Librería Versus, na rúa Venezuela, 80 de Vigo. Tel.: 986 42 02 23.
    • Libraría Cartabón, en Urzaiz, 125 de Vigo. Tel.: 986 372 883.
    • Libraría Mendinho, na Av. Castelao, 7 de VIGO. Tel.: 986296702.
    • Librería Domapa na Av. do Fragoso, 51 de Vigo.
    • Sacapuntas Papelería y Librería, na rúa Francisco Pi y Margall, 101 de Vigo.
    • Librería Gándal, na rúa Pracer, 12 de Vigo.
    • Anacos de Leria na Av. Ramón Nieto, 432 (Cabral) de Vigo.
    • Librería Cativos, na Travesía de Vigo, 165 de Vigo. Tel.: 635507666.
    • A Pita Cega, na rúa Jenaro de la Fuente, 18 de Vigo. Tel.: 986279371-986192290.
  • Pontevedra (provincia):
    • Libraría Viláfer, na Rúa Real, 13. 36940 – Cangas do Morrazo. Tel.: 986 30 02 33.
    • Nobel – espacio lector, na rúa Edelmiro Trillo, 19 de Vilagarcía de Arousa. Tel.: 986 501 475.
    • Nobel – espacio lector, na av. Vilariño, 4 de Cambados. Tel.: 986 521 111.
    • Libraría Miranda, na rúa Pazos Fontenla, 35, 36930 de Bueu. Tel.: 986 320 504.
    • Libraría Ler, na Av. Galicia, 16, 36780 da Guarda.
    • Espazo Lector Nobel, na rúa Alcalde Xacobe Barral Otero, 5-36980 O Grove. Tel.: 886 208 046.
    • Librería Arte e Ciencia, na avenida de Peinador, 85. 36417 – Torroso, Mos. Tel.: 986 486 192.
    • Librería Molière, en Pai Crespo nº1. 36800 -Redondela. Tel.: 986 40 47 54.
    • Librería Vernet, na rúa Carabela Pinta, 15. 36300 – Baiona. Tel.: 986 35 60 43.
    • Librería-Papelería ideas, na rúa Ramón Franco 22, baixo 5. O Rosal. Tel.: 986 62 55 60.
    • Librería-Papelería ideas, na rúa Galicia, 45 da Guarda. Tel.: 886 156 236.
    • Librería Alborada, na rúa Concepción Arenal 112 de Moaña. Tel.: 986311245.
    • La Papelería na rúa Concepción Arenal, 270 de Moaña. Tel.: 986071715.
    • PintaLetras, na rúa Castelao, 6 da Estrada. Tel.: 682251320.
    • Librería Abrente, na rúa de Montero Ríos, 167 de Bueu.
    • Librería Nobel de Marín, na rúa Jaime Janer, 4 de Marín. Tel.: 886 905 597.
Non hai ningunha preto de ti? Dille ao teu libreiro que fale connosco. Tes unha libraría e queres participar deste proxecto? Cubre o noso formulario de librarías e formarás parte da nosa rede para a campaña #CeosGalegos22, xunto cun cartel para o escaparate e un calendario de balde para expoñer. O material entrégase en depósito ata o remate da campaña de Nadal, ao longo do mes de febreiro.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “CeosGalegos25”