CeosGalegos27

SORTEO: todas as mercas anteriores ás 24:00 horas do domingo 8 de novembro entrarán no sorteo dun cado astronómico (ver imaxes adxuntas).

Ademais, poderedes gozar en exclusiva da porta mailo interior do calendario antes de que estea nas librarías e de que publiquemos a portada. Depois de 10 anos no mercado, a edición #CeosGalegos27 será a última que editemos desde aquela primeia #CeosGalegos18. Se che falta algún exemplar podes mercalos na nosa hemeroteca. Por iso, como todos os anos, a imaxe da portada que vos ofrecemos está oculta; un pequeno divertimento anual.

Os #CeosGalegos27 son un lote de imaxes coa forma dun calendario mural, con 50 cm de anchura. Unha pequena parte da fermosura do noso ceo ao través de 14 imaxes marabillosas. Todas feitas cos pés no país, por unha ducia de autores as que figuran entre os mellores especialistas en fotografía nocturna e astronómica. Na sección hemeroteca tes as edicións antigas.

Aproveita e pide tamén un lote de #AstroBolachas, #AstroPostais ou algún dos nosos libros. Como novidade, unha “Astronomía Práctica” ideal para iniciarse.

 

22,00€ IVE incluído

Hai existencias (pode reservarse)

Valorado con 5 de 5

Descripción

SORTEO: todas as compras feitas antes do domingo ás 24:00 horas entrarán nun sorteo de dous cadros astronómicos. O sorteo será realizado en directo na conta da rede BlueSky de CeosGalegos ao longo do día 9 de novembro.

Os #CeosGalegos27 son un lote de imaxes coa forma dun calendario mural, con 50 cm de anchura. Unha pequena parte da fermosura do noso ceo ao través de 14 imaxes marabillosas. Todas feitas cos pés no país, por unha ducia de autores as que figuran entre os mellores especialistas en fotografía nocturna e astronómica. Na sección hemeroteca tes as edicións antigas. Este ano, como é natural, con algunha das mellores imaxes da Eclipse Galega de Sol que gozamos en agosto.

Na nosa tenda web o pedido mínimo é de dous exmplares para que o envío saia de balde. E terás descontos progresivos para pedidos superiores (un euro menos por cada exemplar adicional). Se só queres un exemplar estarán dispoñibles na nosa rede amiga de librarías a partires do venres 13 de novembro.

A edición 2027 vai ser a derradeira tras 10 anos de aventura. Entendemos que o proxecto chegou ata onde podía chegar e nestes momentos fáisenos insostible. Hai outras ideas e proxectos que requiren da nosa atención e enerxías e a edición anual do calendario pesa bastante, tanto en tempo como en investimento. Por iso é unha volta ás orixes, prescindindo das excelentes colaboración externas do Jorge Mira (para os textos), a Estíbaliz Espinosa (para as poesías) e a Beatriz (para as correccións lingüísticas), o tempo de edición non nos permitía xestionar prazos máis amplos e necesarios. Desta volta, como ao comezo, os textos son colleita do noso editor.

A edición do noso calendario permite manter o proxecto da web e a divulgación científica que facemos nas redes sociais. E, desta volta, un portal informativo con todo o necesario a observación da Eclipse Galega de Sol.
Os cadros astronómicos do sorteo son 2, probas de impresión que fixemos hai uns anos, de alta calidade:
– imaxe da Vía Láctea sobre a Fervenza da Toxa en soporte ríxido de aluminio e da autoría de Fins Eirexas (vertical, altura duns 70 cm)
– ceo estrelecido sobre mar de ardora na costa e da autoría de Alfredo Madrigal (horizontal, anchura duns 60 cm)

Info adicional

Características técnicas

  • portada e contraportada cos créditos
  • directorio de entidades astronómicas e científicas galegas
  • 16 páxinas para os meses e cartón protector
  • lámina índice cos textos en inglés e castelán
  • impresión en estucado mate de 200 g con lacado protector mate, cun cartón base de 300 g, encuadernación wire-o e colgador de parede
  • tamaño de 48 x 34 cm, coas fotografías a sangue ocupando máis das tres cuartas partes do papel
  • efemérides astronómicas galegas e fases lunares
  • presentación a mes visto, con espazo para anotacións en cada día
  • envío incluído a todo a península

Nas librarías

A rede amiga está formada por librarías e papelarías nas que podes atopar a edición de cada ano de #CeosGalegos entre os meses de novembro e febreiro. Coa súa compra axudas a manter este proxecto, a web, os nosos concursos, os premios.
  • Santiago de Compostela
    • Libraría Couceiro, praza de Cervantes, 6 de Santiago de Compostela. Tel.: 981 58 62 37.
    • Cronopios, na rúa Alfredo Brañas, 24 de Santiago de Compostela. Tel.: 881 973 528.
    • Lila de Lilith, Rúa Travesa, 7, baixo 15704 Santiago de Compostela. Tel.: 981 57 14 69.
    • Númax, na rúa de Concepción Arenal, 9. 15702 Santiago de Compostela. Tel.: 981 560 250.
    • Óptica Val – instrumentos ópticos, na rúa Santo Domingo da Calzada, de Santiago de Compostela. Tel.: 981 93 55 53.
    • Gallaecia Liber, na rúa Ramón Cabanillas, 8 de Santiago de Compostela. Tel.: 981590556.
    • Librería Mayso, na Rosalía de Castro, 23 – baixo de Santiago de Compostela. Tel.: 981594373.
    • Librería Palacios, na rúa Triacastela, 3 (esquina Av. Lugo) de Santiago de Compostela. Tel.: 981580786.
  • Vigo:
    • Nobel – espacio lector, na Gran Vía, 184 de Vigo. Tel.: 986 231 892.
    • Librería Versus, na rúa Venezuela, 80 de Vigo. Tel.: 986 42 02 23.
    • Libraría Cartabón, en Urzaiz, 125 de Vigo. Tel.: 986 372 883.
    • Libraría Mendinho, na Av. Castelao, 7 de VIGO. Tel.: 986296702.
    • Librería Domapa na Av. do Fragoso, 51 de Vigo.
    • Sacapuntas Papelería y Librería, na rúa Francisco Pi y Margall, 101 de Vigo.
    • Librería Gándal, na rúa Pracer, 12 de Vigo.
    • Anacos de Leria na Av. Ramón Nieto, 432 (Cabral) de Vigo.
    • Librería Cativos, na Travesía de Vigo, 165 de Vigo. Tel.: 635507666.
    • A Pita Cega, na rúa Jenaro de la Fuente, 18 de Vigo. Tel.: 986279371-986192290.
  • Pontevedra (provincia):
    • Libraría Viláfer, na Rúa Real, 13. 36940 – Cangas do Morrazo. Tel.: 986 30 02 33.
    • Nobel – espacio lector, na rúa Edelmiro Trillo, 19 de Vilagarcía de Arousa. Tel.: 986 501 475.
    • Nobel – espacio lector, na av. Vilariño, 4 de Cambados. Tel.: 986 521 111.
    • Libraría Miranda, na rúa Pazos Fontenla, 35, 36930 de Bueu. Tel.: 986 320 504.
    • Libraría Ler, na Av. Galicia, 16, 36780 da Guarda.
    • Espazo Lector Nobel, na rúa Alcalde Xacobe Barral Otero, 5-36980 O Grove. Tel.: 886 208 046.
    • Librería Arte e Ciencia, na avenida de Peinador, 85. 36417 – Torroso, Mos. Tel.: 986 486 192.
    • Librería Molière, en Pai Crespo nº1. 36800 -Redondela. Tel.: 986 40 47 54.
    • Librería Vernet, na rúa Carabela Pinta, 15. 36300 – Baiona. Tel.: 986 35 60 43.
    • Librería-Papelería ideas, na rúa Ramón Franco 22, baixo 5. O Rosal. Tel.: 986 62 55 60.
    • Librería-Papelería ideas, na rúa Galicia, 45 da Guarda. Tel.: 886 156 236.
    • Librería Alborada, na rúa Concepción Arenal 112 de Moaña. Tel.: 986311245.
    • La Papelería na rúa Concepción Arenal, 270 de Moaña. Tel.: 986071715.
    • PintaLetras, na rúa Castelao, 6 da Estrada. Tel.: 682251320.
    • Librería Abrente, na rúa de Montero Ríos, 167 de Bueu.
    • Librería Nobel de Marín, na rúa Jaime Janer, 4 de Marín. Tel.: 886 905 597.
Non hai ningunha preto de ti? Dille ao teu libreiro que fale connosco. Tes unha libraría e queres participar deste proxecto? Cubre o noso formulario de librarías e formarás parte da nosa rede para a campaña #CeosGalegos22, xunto cun cartel para o escaparate e un calendario de balde para expoñer. O material entrégase en depósito ata o remate da campaña de Nadal, ao longo do mes de febreiro.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “CeosGalegos27”