Description
Autor: H. G. Wells. Tradutor: Alejandro Tobar
Dos días do porvir publicouse por fascículos nas páxinas da revista literaria The Pall Mall Magazine, e deseguido como parte da compilación de relatos e novelas de temática futurista e fantástica Tales of Space and Time (1899).
Elizabeth e Denton son o que Isaac Asimov chamaría «medievalistas», o cal, nun contexto futuro, identifica aquelas persoas que rexeitan a vida urbana e o progreso tecnolóxico, avogan por unha volta ao rural e anhelan os usos e costumes do pasado. Non obstante, o que seduce a parella de mozos non é tanto a filosofía medievalista coma a época vitoriana. Aos seus ollos, o estilo de vida británico do XIX é o contrapunto ao Londres distópico do século XXII no que viven. Con esa premisa, o prolífico Wells constrúe unha intelixente obra de anticipación, na que resulta recoñecible a división en estratos dunha sociedade alicerzada sobre criterios mercantilistas, coa omnipresente mercadotecnia e os rendementos do capital como valores supremos.
Loable polo seu refinado estilo e traballada estrutura, a novela estimula o espírito crítico en temas como a masificación, a reorganización dos transportes urbanos ou a fenda de clase cada vez máis acusada, algo que se reflicte en todos os ámbitos: cultural, lingüístico, lúdico, gastronómico…
Colección: Colección Principal
Temática: Ciencia ficción
Lingua de orixe: Inglés
ISBN: 978-84-946538-6-5
Século de publicación: XIX
Encuadernación: Rústica con lapelas
Formato: 20 x 13,5 cm
Páxinas: 140
Reviews
There are no reviews yet.