Descripción
(Compra física en local: en Vigo hai na libraría Versus, en Compostela en Óptica Val e na Coruña na libraría Azeta).
Lote de lentes de eclipse, fabricadas nos EUA por American Paper Optics, sendo o prezo co IVE incluído de 25 € para o lote de 5 unidades. Son ideais para gozar das futuras eclipses de Sol que imos ter no país. O sábado 29 de marzo de 2025 será parcial, chegando ao 40% de ocultación no extremo noroeste. O 12 de agosto de 2026 será total nunha franxa diagonal que entra en Galicia pola Coruña e sae por Valdeorras.
- Verifican os requirimentos da normativa ISO 12312-2 de filtros para a observación directa do sol.
- Cumpren as especificacións EN 1836:2005+A1:2007(E) para filtros E15 para a observación directa do sol.
- Verifican os Requerimentos de Transmisión de AS/NZS 1338.1:2012, filtros para protección ocular.
- Verifican o Regulamento EU PPE 2016/425.
IMPORTANTE:
Unha serie de comentarios e recomendacións baseados na nosa experiencia, máis alá das recomendacións do fabricante (impresas nos propios lentes)
- antes de empregar os lentes de eclipse revisar que non teñan ningún buratiño ou raiazo. Nese caso, desbotalas e non arriscar os ollos
- nunca tocar os filtros centrais. Para gardalas o mellor é dobralas polas marcas e gardalas en sobres de papel, sacándoas só no momento de usar
- os lentes deben poñerse antes de mirar ao sol e retirarse tras apartar a cara do sol. Así evitamos mirar ao sol directamente
- o fabricante recomenda non usar máis de 2 minutos seguidos. Estar 2 minutos seguidos mirando á eclipse de Sol é un pouco parvada porque a evolución é moi lenta. Mellor botar olladas de 10-20 segundos e descansar, para así ir vendo mellor os chimpos que dá a lúa cando pasa por diante
- NUNCA empregar os lentes de eclipse para mirar por un telescopio ou uns prismáticos; estes aumentan a potencia solar e poderían queimalas. Os danos oculares polo sol son irreversibles
- non deixar que nenos/as as empreguen sen control paterno/materno e explicarlles ben como se usan
- ler ben as instrucións que aparecen nos propios lentes. Normalmente todos perdemos ou traspapelamos os lentes de eclipse entre evento e evento, máis que se deterioren ou se estraguen polo uso. Así gardádeas ben para as vindeiras eclipses e non ter que mercar máis
Reseñas
Aínda non hai valoracións.