Nova Atlántida, Francis Bacon

Relato de corte utópico e filosófico que, con recoñecida fluidez e destreza narrativa, describe unha terra mítica a raíz dun feito simple: a arribada casual dun navío europeo. Tal é o punto de partida para que o autor inglés presente unha sociedade humana rexida por sabios e configurada dun xeito perfecto, motivo de dita para os seus membros. A obra segue, pois, a liña de novelas como Utopía (1516), de Thomas More, ou Civitas Solis (1602), de Tommaso Campanella.

8,00

Hai existencias

5/5
Categoría:

Descripción

Auto: Francis Bacon. Tradutor: Alfonso Blanco.

Nova Atlántida é un opúsculo escrito por Francis Bacon e publicado en 1627 na versión inglesa e en 1638 na versión latina (lingua de partida para a presente tradución), a definitiva en tanto que reelaborada polo propio Bacon coa axuda do seu capelán e editor, William Rawley.

Trátase dun relato de corte utópico e filosófico que, con recoñecida fluidez e destreza narrativa, describe unha terra mítica a raíz dun feito simple: a arribada casual dun navío europeo. Tal é o punto de partida para que o autor inglés presente unha sociedade humana rexida por sabios e configurada dun xeito perfecto, motivo de dita para os seus membros. A obra segue, pois, a liña de novelas como Utopía (1516), de Thomas More, ou Civitas Solis (1602), de Tommaso Campanella.

A narración en primeira persoa escollida por Bacon axuda ademais a que o lector se interese por unha ficción que en gran medida supón unha escolma filosófica das ideas do británico e mesmo unha xustificación da súa propia vida. A equidade, a corrupción ou a vida conxugal son só algunhas das cuestións abordadas en Nova Atlántida que ben merecen unha lectura atenta.

Inclúe unha Guía de Lectura con algunhas claves para ler a obra; documento elaborado por Alfonso Blanco Quintela.

Colección: colección Vólvense os paxaros contra as escopetas

Temática: ciencia ficción

Lingua de orixe: latín

ISBN: 978-84-944422-7-8

Século de publicación: XVII

Encuadernación: rústica con lapelas

Formato: 20 x 13,5 cm

Páxinas: 76

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Nova Atlántida, Francis Bacon”