Descripción
Traducido por María Fe González
O Mundo Resplandecente é unha descrición dun reino utópico e satírico situado noutro mundo, ao que se pode chegar a través do Polo Norte. Unha muller entra nese outro mundo e convértese na emperatriz dunha sociedade composta por varias especies de animais falantes e organiza a invasión do seu mundo de orixe.
O Mundo Resplandecente, amais dunha ficción ben interesante no puramente novelesco, reflicte moitas cuestións de índole social, política e de identidade que explican a atención crecente prestada a esta obra nas últimas décadas. Así, á reveladora lectura feminista que adoitou proxectarse sobre a obra ata os anos noventa do pasado século, sumáronse nos últimos lustros interpretacións en clave política, sociolóxica, histórica, filosófica ou científica que certifican o valor desta obra na escrita do XVII inglés e xustifican a súa consideración de clásico da historia da literatura europea do seu tempo.
Esta obra recibiu unha axuda da Secretaría Xeral de Cultura, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, na convocatoria de axudas para a tradución do ano 2018.
ISBN: 978-84-17388-16-4
PÁXINAS: 166
ENCADERNACIÓN: Rústica con lapelas
DIMENSIÓNS: 145 x 220 mm
TEMÁTICA: Ciencia ficción, Europa
XÉNERO: Ficción
TRADUTOR: María Fe González
LINGUA DE ORIXE: Inglés
DATA DE PUBLICACIÓN: Febreiro de 2019
Reseñas
Aínda non hai valoracións.