Descripción
Os Estados e Imperios do Sol –xunto con Os Estados e Imperios da Lúa– conforman a longa viaxe de Cyrano polo Outro Mundo. Na segunda parte, a descrición do autor tradúcese nun texto fortemente simbólico no seu percorrido polas terras iluminadas e máis opacas do Sol.
Considerada como unha das primeiras obras do xénero literario de ciencia ficción, é fundamentalmente unha obra de crítica ideolóxica inzada de disertacións sobre o universo, a materia, os sentidos e a ética, a través das que Cyrano fustriga os vicios da súa época e toma partido polas concepcións máis avanzadas da ciencia e da filosofía.
Publicados postumamente en 1657 e 1662, os textos das viaxes permaneceron censurados durante máis de dous séculos.
Enxeñoso, poético e imaxinativo, a ironía do autor é constante e mordaz, sementada entre magníficas descricións con ingredientes alquímicos e requintadas alegorías nunha escrita plenamente barroca.
Cyrano de Bergerac forma parte, no século XVII, dese movemento libertino que prefigura a potente maré do XVIII, da filosofía das Luces, a ampla vaga que traerá os principios do Laicismo e da Revolución.
Esta obra recibiu unha subvención da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.
ISBN: 978-84-17388-46-1
PÁXINAS: 154
ENCADERNACIÓN: Rústica con lapelas
DIMENSIÓNS: 145 x 220 mm
XÉNERO: Ficción
TRADUTOR: Henrique Harguindey Banet
LINGUA DE ORIXE: Francés
DATA DE PUBLICACIÓN: Novembro de 2020
Reseñas
Aínda non hai valoracións.